07/06/2024
O sábado, 13 de abril, celebrouse unha Gala Benéfica "Alfoz Solidario" a favor da Asociación Española Contra o Cancro.
Este evento organizouse por un grupo de persoas de Alfoz, GRAZAS polo voso compromiso e esforzo, conseguindo unha recadación de 11.505€ 👏
Agradecemos as empresas e locais comerciais que colaboraron aportando agasallos que se sortearon no evento.
GRAZAS a todas as persoas que nos acompañaron, e as que non puideron asistir pero participaron cunha mesa cero para poder estar presentes dalgunha forma nesta Gala Benéfica 💚
A vosa solidariedade axudará a moitas persoas, xa que todo o recadado irá destinado a mellorar a vida das persoas con cancro e as súas familias 🥰