15/11/2022
🍂Agradecementos🍂
Alá van xa dous días e a nós aínda parece que nos resoan as pandeiretas e os cánticos do sábado na cabeza.
🌰Grazas a todas as agrupacións que quixestedes vir participar nos Cantos: Foron Tempos, Tarabelos do Saviñao, Skachakunchas, Searas, Airiños do Farelo, Dakidoasma, Castro Candaz , Os do 13 , Silbarda, Varacuncas, Mestura de Nete e SoldoFaro Brass.
🌰Grazas ao Concelleiro de Cultura e ao Concello de Chantada por subvencionar os petiscos para tanto músicX.
🌰Grazas ao bar Canizo, Época, Viñoteca, Meigo, Centro, Capitol, Mar & Bellota, Parada , Mar, Agocho e Manix pola vosa boa disposición para recibirnos.
🌰 Grazas a Patri, Sonia, Marta, Catús, Paquiño, Rober, Leti e Maruxa por axudarnos con toda a loxística dese día.
🔥 Estas 4 amigas pensamos un día que os cantos do Castañazo podían e debían retomarse para manter prendida a chama do festival que agardamos volte con forza o ano que ven.
O sábado, todos e todas vós puxestes o voso gran de area para dar continuidade a un encontro da veciñanza coa música tradicional que O Castañazo prendeu e que nunca deberamos deixar morrer.
🤎Grazas🤎
Concello de Chantada