O Son Das Mámoas

O Son Das Mámoas Colectivo rebelde pola difusión cultural e musical. Dende 2011 tentando de medrar e abrir horizontes e mentes! E estamos fartos!

Xa nos imos coñecendo así que como moitos saberedes, somos xóvenes da parroquia de Candeán e arredores, por iso nesta ocasión imos aproveitar para presentarnos un pouquiño máis a fondo. Somos xóvenes si, iso non mudou, pero sobre todos somos a xeración a quen non lle deixan traballar, e que cada vez ten máis dificultades ata para estudar, somos os que non se poden independizar nin pensar no seu fu

turo, somos a nova emigración precaria que ten que escapar da súa terra en busca do pan e da dignidade que lle negan. E nesta fartura démonos conta de que a cultura é o gran poder que temos como pobo para defendernos e denunciar o saqueo ó que nos someten. E isto que ten que ver con "O Son Das Mámoas"? Pois xa que a cultura de masas coa que nos bombardean é inoperante e nos trata de ocultar a verdadeira problemática actual, nós queremos poñer o noso graniño de area para sumar na procura de inventir esta situación. Por todo isto a nosa labor é a de crear unha plataforma para os verdadeiros artistas, e para esa xente que ten ganas de festa, de pasalo ben e de liala parda. Esta é a nosa forza, a nosa aportación, para que entre todos, empurrando forte e xuntos poidamos mellorar o mundo que se está a crear e o que deixaremos ós nosos fillos e netos. Só nos queda convidarvos a que vos acheguedes e disfrutedes con nós deste día de ledicia e unión, porque o camiño é máis bonito cantos máis sexamos percorrendoo. Unha aperta de toda a organización de "O Son Das Mámoas”.

Dirección

Vigo
36317

Página web

https://www.woutick.es/evento/25900/entradas-o-son-da

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Son Das Mámoas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a O Son Das Mámoas:

Compartir