05/09/2023
Desde pequeno, fun un activista da cultura no meu pobo natal, Padrón. Daquela, con apenas quince anos, estaba integrado no grupo de poetas do Sar de maneira pasiva, organizabamos concertos e recitais nos bares de Padrón, bares dos que oxe apenas queda a fachada, todos foron fechando por causas alleas a si mesmo ou ben por que a cultura nos gobernos de Padrón, nunca se tratou coma un aliciente económico ou turístico.
nin entenderon que a cultura é un impulso económico e un atractivo para os numerosos visitantes que enchen as rúas de Padrón durante todo o ano, peregríns ou non.
Quizais por que participei na cultura do pobo de maneira ceive e altruista durante a miña adolescencia, oxe, xa son un profesional do sector con mais de 25 anos de experiencia.
Traballando para os mellores grupos do pais, coma poden ser Ses, Siniesro Total, Son de Seu, Resentidos, Susana Seivana, Davide Salvado e un longo etcétera, do mesmo xeito, traballando para festivais de renome nacional, coma, Atlantic Fest, Derrame Rock, Cultura Quente, e outro longo etcétera.
Actualmente vencellado ao concello de vilagarcia de Arousa. Organizo e organicei eventos sufragados polo concello, o que sempre me tratou tan ben, coma aquel fascinante Achégate aos Locais, o primeiro Vilagarcía Blues, ou o Àgora Vermú do que levamos xa VII edicións, o Mundo Vermello (este era de Izquierda Unida que non formaba parte do concello pero que o meto igual por que sí, porque molaba) e moitos outros eventos... Alén diso, programei en locais de ocio da contorna coma o Churruca gastrotaberna, A sirena, etc.
Charlas, seminarios, conferencias, en diferentes ciclos ou ben en escolas de música ou mesmo en estudios de Grabación coma Planta Sónica, Escola estudio Caliveras, etc.
Miña vida estivo por ende, sempre vencellada á cultura, ou ben coma técnico de son ou ben coma Axitador cultural.
Oxe en día, unha vez rematada miña andaina con Ses, coa que estiven 10 anos traballando coma operador e coa que manteño unha amizade de ferro e unha admiracion e un amor infinitos, polo que nosa relacion non rematou ahí, ainda que xa non traballe con ela.
Meu tempo libre o adico a miña empresa de son, Bo Peixe que o diversifico para traballar como operador para grupos coma MoonCresta, Davide Salvado, e Son de Seu.
Miña relacion coa cultura galega é directa, e meus contactos de tantos anos traballando a un bo nivel aseguranme unha boa conexion co mais novidoso, co mais apetecible da escena. Sobre todo gústame apoiar o mais auténtico e actual e apoiar as bandas noveis as que sinto que terán unha progresión interesante, un oco na escena. Palabras coma integración, feminismo, xuventude e apoio á escena local son a miña relixión programática.
Por todo isto, considerome afortunado, feliz de vivir coma sempre quixen vivir, pelexando polo mais fermoso e o mais auténtico da vida, pola vida en si mesma, porque a cultura é o que nos une, o que nos identifica e nos fai únicos como pobo e como nación, nos fai mellores persoas pois cultura ven de cultivo, de sementar. de producir. Diferentes pero iguais ao resto do mundo, as culturas que circundan o mundo son fermosas, únicas e inabarcables