
02/08/2024
¡Por fin conseguimos rematar o XX Rallye Sur do Condado!
Como moitos de vos coñecedes, o noso Rallye Sur do Condado de este 2024 finalizou de unha maneira que nunca habíamos vivido: excluídos por anomalías técnicas. Consideramos que, tras este tempo prudencial de tres semanas, e toda vez que a apelación ten a súa sentencia, temos o dereito a expoñer o noso punto de vista da experiencia que tivemos, para que cada parte tome as medidas oportunas.
O día xa resultaba inolvidable para nos pola propia carreira en sí, xa que no segundo tramo tivemos unha salida de carretera que ainda que non se veu reflexada nos tempos, sí o fixo no estado físico de Diego, padecendo mareos durante todo o día por dolor de cervicales. Con todo, a súa insistencia fíxonos continuar.
A pesar do traballazo da nosa asistencia, reparando os danos estéticos do golpe e un inyector roto en Mos, o puente traseiro estaba doblado, polo que tiñamos que correr o resto do rallye así.
Corrimos o que pudemos tendo en conta as incidencias e que o que máis pesa nun campeonato, son os abandonos, polo que chegar a parque pechado na primeira posición para nos era increíble e creo que merecido por todo o noso equipo.
Todo daba un xiro radical nas verificación finais de oficio, a quinta verificación que o noso coche realiza este ano (En todos os rallys que finalizamos excepto Carballiño). O equipo de comisarios técnicos responsables das copas de promoción, comunicábanme que o meu coche equipaba un reforzo non presente dentro da ficha de homologación de Grupo N do meu vehículo, e por tanto unha ilegalidade técnica, ca consecuente exclusión da copa e do campeonato. Realmente, a miña sorpresa no regreso a parque cerrado era entender por qué o equipo técnico aplicaba a ficha de homologación de Grupo N do Peugeot 106 GTI, cando o reglamento do Volante FGA 2024 non expresa precisamente eso.
A cara da nósa asistencia cando lle comunicamos a noticia ó baixar do coche nunca se nos olvidará… A partir de ese momento moitas dudas: Non sabemos se imos ter que subir a podio recoller os premios xa que estamos excluídos, non sabemos cando se nos comunicará por escrito a sanción, non temos nin idea de cómo é o proceso de apelación…Un calvario ás 2:30 da madrugada.
Tras recoller os premios co consecuente careto que tiñamos, (é de chiste realizar unha entrega de premios á 1 da madrugada sobre unha clasificación oficiosa sen publicar a oficial, outro tema difícil de defender) a responsable de “Relación cos participantes” chámame para comunicarme a sanción, momento que aprobeito para consultarlle cómo apelar. “Eso el lunes, en la FGA…pero…” Non me sorprende a actitud, xa que por suerte conocemos a súa personalidade, pero sí me sorprendeu que con tantos anos de traballo na FGA, non coñecese o proceso de apelación. Vese que na súa estancia na federación non se utilizaba moito este recurso.
Por suerte, un dos comisarios deportivos atendeunos con rigor e deixamos constancia do noso compromiso de apelar e facer o pago da caución de 2500€, esto todo, como moito unha hora despois da sanción. Xa sabedes, se un día queredes apelar, hai que deixar os cartos de varias inscricións e andar espabilados, que temos unha hora como máximo para decidir. Creo que este é outro dos puntos a mellorar, xa que o dereito A DEFENDERSE debería ser canto menos equiparado a unha reclamación, equiparando a súa cuantía a 1000€. Personalmente trasladei esta opinión á FGA.
Todo o proceso restante é público na página web da FGA, como debería ser sempre, e calquera o poida ver con total transparencia.
Evidentemente temos unha opinión persoal do traballo realizado polos técnicos, pero o que non temos é rencor hacia eles. Simplemente pudo haber un erro e algo desta historia (Non todo, xa que a repercusión negativa en medios non nola van devolver) quedará reparado con unhas disculpas que a día de hoxe non tivemos. Que non se interprete esto como un ataque, simplemente botamos un pouco en falta algo de man esquerda e actuamos coa mesma proporción que se fixo con nos ante a máxima sanción que existe nunha proba (a exclusión), pero é o riesgo que corres cando “Nosotros vamos aplicar el reglamento y no podemos pasar esto por alto”.
Sen máis, tanto Diego como eu queremos dar gracias a familiares, asistencia (Quini, Manolo, Daniel, Miguel, Jorge, Narciso…), amigos e patrocinadores, polo apoio recibido. Mención especial a Escudería Pontevedra 1984 e Antonio Moledo, cumplindo o que nos afirmaron en enero: “Vosotros siempre vais a ser de los nuestros”. Correr con dúas escuderías é unha ventaxa. Gracias á FGA, xa que en todo momento sentimos que existía transparencia no proceso, e que de haber un error por parte dos técnicos, este era o procedemento de resolvelo.
¡Vémonos en Ferrol!
Marco Lorenzo Crespo
JRT Motorsport
Desguaces Rolán
Cantalete
David Framiñan Mundin
A Principal Carniceria
Kalekói
Charanga Los Verbeneros
Autossilleda Silleda
Federación Galega de Automobilismo
Volante FGA