A Casa da Fariña

A Casa da Fariña A Casa da Fariña é un espazo de traballo, aberto á comunidade. A Casa da Fariña é un espazo aberto á comunidade con dúas vertentes que se misturan cada día.

Por unha banda, a Casa da Fariña é o espazo profesional de traballo do estudo de arquitectura de Javier Rodríguez e Olivia Fernandez e da Cooperativa Hábitat Social. Alen diso, e cunha lóxica de mestura de usos e aproveitamento máximo dos recursos dispoñibles, combina a actividade laboral nunha parte do día coa sociocultural noutra. Nace coa vontade de ser un polo máis de acción e pensamento na ci

dade, un lugar de referencia para os movementos sociais así como para a cultura e a arte que non atopan o percorrido desexable nos circuítos oficiais existentes. Palestras, exposicións, presentacións, proxeccións, debates, etc. teñen cabida nesta casa a proposta de calquera colectivo ou persoa, atendendo ó criterio de fomento do ben común.

27/10/2021
14/11/2019

Esta tarde temos uno novo Faladoiro sobre Bioconstrución da mán de Espiga. Desta volta Pablo Reboredo falaranos sobre estruturas de madeira ma**za e ensambles tradicionais. Esperamosvos ás 19.30 na Casa da Fariña!

Este xoves Espiga. Asociación Galega para a bioconstrución volve á Casa da Fariña co faladoiro sobre bioconstrución de o...
08/10/2019

Este xoves Espiga. Asociación Galega para a bioconstrución volve á Casa da Fariña co faladoiro sobre bioconstrución de outubro.
Vemonos este xoves 10 ás 19:30h.

14/03/2019

Grazas a todos os asistentes á nova convocatoria do Faladoiro/Biocafé na Coruña. Ós que non puidestes asistir, esperámosvos no próximo ;)

Tamén damos as gracias a Hábitat Social Cooperativa pola cesión do espazo e a súa colaboración na organización do evento. Foi todo tan ben que repetiremos!

o papel dos nosos compañeiros o   tamén é importante
07/03/2018

o papel dos nosos compañeiros o tamén é importante

07/03/2018

Dende a Casa da Fariña, asi como dende HábitatSocial Cooperativa, apoiamos a folga feminista do , polo que as mulleres que traballamos neste espazo pararemos mañá

A Casa da Fariña acollerá parte das actividades do MAC3, os terceiros encontros estatais sobre municipalismo e contrapod...
12/10/2017

A Casa da Fariña acollerá parte das actividades do MAC3, os terceiros encontros estatais sobre municipalismo e contrapoder que terán lugar na Coruña a partir de mañá.

27/09/2017

Queres compartir espazo de traballo connosco?
Na Casa da Fariña temos postos disponibles; contáctanos, ven visitarnos, ou bótalles un vistazo:

A casa da Fariña, ademais dun lugar aberto ao barrio e á cidade onde se organizan actividades divulgativas e formativas (polas que pode que xa a coñezas), tamén é un espazo de traballo no que difer…

Encantados de colaborar cos nosos veciños da Cidade Vella no FFoco
11/09/2017

Encantados de colaborar cos nosos veciños da Cidade Vella no FFoco

Levamos varios días con ganas de anuncialo e xa volo podemos contar:

FFoco, Festival de Fotografía da Coruña, celebrarase os días 29 e 30 de setembro na praza da Fariña (Azcárraga). Facédenos un oco nas vosas axendas: teredes a oportunidade de coñecer connosco a vangarda da fotografía galega actual.

Por certo, a foto do cartel -a man de Isolina coa que vos damos a benvida- é de Emilio Araúxo, un dos fotógrafos convidados ao festival.

Desfrutando da presentación e da exposición de Marta e Paloma e aprendendo da súa  aprendizaxe: cultura local, xestión d...
25/05/2017

Desfrutando da presentación e da exposición de Marta e Paloma e aprendendo da súa aprendizaxe: cultura local, xestión de procesos, lóxicas e dificultades propias da cooperación...

Este xoves dia 25 o equipo de ReviveNepal quere compartir unha experiencia de traballo e convivencia presentando o proxe...
22/05/2017

Este xoves dia 25 o equipo de ReviveNepal quere compartir unha experiencia de traballo e convivencia presentando o proxecto de construción da Escuela Balkayat, situada na aldea nepalí de Massel, rexión de Gorka, unha das zonas máis afectadas polo terremoto de abril do 2015.

Ás 19:30h na Casa da Fariña, Marta Salgado e Paloma Soriano, que estiveron ao cargo da execución da escola, falarannos de técnicas construtivas pero tamén da súa visión crítica da cooperación internacional e da xestión deste tipo de procesos. Ademais, inaugurarase a exposición que a ilustra.

Cooperación en Nepal, Arquitectura antisísmica de tierra Xoves 25 de maio de 2017, ás 19:30h na Casa da Fariña “O equipo de ReviveNepal quere compartir unha experiencia de traballo e conviven…

A CORUÑA NON SE VENDE!Manifestación. 7 de maio, ás 12 horas, na Praza da Palloza.Convoca a Comisión Aberta en Defensa do...
27/04/2017

A CORUÑA NON SE VENDE!

Manifestación. 7 de maio, ás 12 horas, na Praza da Palloza.
Convoca a Comisión Aberta en Defensa do Común.

Recuperar para o pobo o que é historicamente da Coruña-Devolución gratuíta da Solana e Hotel Finisterre, todos os peiraos, cárcere e Campos da Estrada.

Non á venda e privatización da fachada marítima e dos espazos públicos.

Basta xa de especulación- Por un novo modelo de cidade que atenda ás necesidades e desexos da cidadanía

Visit the post for more.

ACAMPADA DO COMÚNEste venres e sábado-BASTA XA DE ESPECULACIÓN. NON Á VENDA E PRIVATIZACIÓN DA SOLANA, HOTEL FINISTERRE ...
19/04/2017

ACAMPADA DO COMÚN
Este venres e sábado

-BASTA XA DE ESPECULACIÓN. NON Á VENDA E PRIVATIZACIÓN DA SOLANA, HOTEL FINISTERRE E PEIRAOS-

Visit the post for more.

O xoves e venres da próxima semana a Casa da Fariña acolle o Curso de depuración de augas residuais.Os obxectivos do cur...
17/01/2017

O xoves e venres da próxima semana a Casa da Fariña acolle o Curso de depuración de augas residuais.
Os obxectivos do curso:
– Comprender os procesos de contaminación das augas residuais urbanas
– Desenvolver a capacidade técnica para poder acometer todas as fases de deseño, xestión administrativa, construción e mantemento dun sistema de depuración autónomo doméstico ou de núcleo, con criterios sustentables.
Máis información:

Curso de depuración autónoma de augas residuais Xoves 26 e venres 27 de xaneiro de 2017, de 16:00 a 20:30h na Casa da Fariña Organiza: Hábitat Social Poñente:Javier Santiago Díaz, Enx.Forestal. Tp3…

A semana pasada abriu as suas portas un novo espazo cultural na Praza da Fariña, lles desexamos unha feliz travesía ós n...
05/09/2016

A semana pasada abriu as suas portas un novo espazo cultural na Praza da Fariña, lles desexamos unha feliz travesía ós nosos veciños e amigos de La Nautilus

"Usted ha llegado tan lejos como le permite la ciencia terrestre. Pero ni sabe ni lo ha visto todo. Así que déjeme decirle, profesor, que no lamentará el tiempo que pase aquí. Viajará al país de las maravillas"

Capitán Nemo

Muchas gracias a Juan Varela, por capitanear una primera y alocada travesía. A Fran Herbello,Enrique Lista,Eva Díez, Nicolás Combarro,Carla Andrade, Luis Díaz, Isra Cubillo y Tono Mejuto, por aportar su talento y su fe tan desinteresadamente y a Bernardo Villanueva por su fantástica , brillante e hipnótica proyección.
A la "Casa da Fariña" por el mobiliario de urgencia y por soportarnos con paciencia y resignación.
Gracias a todos los asistentes y a la gente que colaboró hombro con hombro en la construcción de esta nave submarina, y que sin su inestimable ayuda, sería imposible su marcha y su andadura.
La foto es de María Nieto. Esta es la tripulación.
Así que ahora, señores, rumbo este-sudeste.
¡Ah, por cierto!, y si hacen el favor, piten a zafarrancho.

Mil millones de gracias a todos

19/08/2016

Comeza Visions, o festival de fotografía da Cidade Vella. Dende hoxe ata o domingo celebraránse obradoiros, proxeccións e moitas actividades máis. O domingo a casa da fariña acollerá unha das proxeccións.

o Festival de fotografia da Cidade Vella

Dirección

Praza De Azcárraga 6 Baixo
A Coruña
15001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Casa da Fariña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a A Casa da Fariña:

Compartir