Normal

Normal Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña NORMAL é o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. NORMAL non é normal. De aí NORMAL.

A norma define unha resposta que non precisa interrogación. NORMAL quer ser, porén, permanente interrogación. Isto é o normal para nós. No momento da súa construción, 1955, o edificio deseñado por Antonio Tenreiro foi a Escola Normal de Maxisterio. Así foi coñecida sempre na Coruña. Cando rescatamos o nome recoñecemos unha historia ligada á educación e, máis concretamente, ao que foi a Cidade esco

lar, o xermolo, cos edificios de Náutica e de Comercio, do que anos despois sería esta Universidade. NORMAL, por outro lado, arrastra significados que, desde o punto de vista do proxecto cultural que presentamos, soamente cabe interpretar en clave irónica: norma, regra, sistema, forma previsible ou incluso simetría, isto é, aquilo mesmo que aquí se cuestiona.

13/02/2025

🔺CLAUSURA DA EXPOSICIÓN “FÍO DO NORTE” EN NORMAL

📅 Venres, 14 de febreiro
🕖 19:00 h
📍 Normal

Pechamos a exposición “Fío do Norte” cun evento que combina arte e creación sonora:

☑️ Visita guiada a cargo de .toboso, comisario da exposición, quen ofrecerá unha análise detallada das obras e do discurso conceptual da mostra.

☑️ Sesión de escoita sonora con .tudela, artista e investigador de Porto, recoñecido pola súa exploración na intersección entre linguaxes formais, programación e creación sonora.

Agardámoste!

☑️ Entrada libre ata completar aforo. Máis información en normal.udc.es

🔺DIOGO TUDELA EN NORMAL O vindeiro venres 14 de febreiro, as 19:00, Normal acollerá o acto de clausura da exposición “Fí...
11/02/2025

🔺DIOGO TUDELA EN NORMAL

O vindeiro venres 14 de febreiro, as 19:00, Normal acollerá o acto de clausura da exposición “Fío do Norte” no que haberá unha sesión de escoita a cargo do artista de Porto, .tudela. Tudela propón un percorrido sonoro no que combina técnicas de improvisación e simulación para explorar novas narrativas auditivas.

Agardámoste!

🔴 FÍO DO NORTE, de peza en peza. Sen título, 1996.Fotografía sobre aluminio.  Colección de Arte María José Jove. 🔺 Moita...
08/02/2025

🔴 FÍO DO NORTE, de peza en peza.
Sen título, 1996.
Fotografía sobre aluminio. Colección de Arte María José Jove.

🔺 Moitas das ideas para Fío do Norte comezaron nas bizarras formas escultóricas, obxectos, materiais e documentos con que a Cabria para NORMAL de Diego Vites habitou este mesmo espazo e nos incitou a pensar na construción dunha identidade imaxinada desde diferentes prismas e cosmoloxías. De aquí medrou un delirio de abstracción e fantasía que contaminou as nosas reflexións para pensarmos en conxunto un proxecto expositivo onde o uso da ficción nos puidese ofrecer multiples entradas cara a un espazo imaxinado cheo de preguntas, e de afirmacións, máis tamén de trampas creadas para estimularen o noso coñecemento. Como por exemplo, esas fotografías de excrementos de gaivota captadas por Jorge Barbi nas que achamos suxestivas formas antropomorfas.

Extracto do folleto da exposición escrito polo comisario Juan Luis Toboso.

☑️ Podes vir visitar a obra de Jorge Barbi e todo FÍO DO NORTE ata o día 14 de febreiro de 2025 no horario habitual de NORMAL. Agardámoste!

05/02/2025

✏️ OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA

Neste obradoiro de Escrita Creativa de 30 horas veremos as diferentes técnicas e recursos que poden converter unha faísca inicial de inspiración nun manuscrito terminado.

👉 Más info na nosa web

04/02/2025

🔊 OBRADOIRO DE CREACIÓN E PRODUCIÓN MUSICAL

Este obradoiro de 30 horas pretende brindar a oportunidade aos alumnos de introducirse no mundo da música dende dun dobre punto de vista, que conxunta a creación musical e a elaboración dun produto; feito que non ten por que ir en detrimento da calidade artística. En palabras do multipremiado produtor : “A produción é o acto de converter a un artista en produto”.

Máis info na nosa web.

03/02/2025

✍️ OBRADOIRO DE ESCRITURA DE GUIÓN —ESCRIBIR DESDE DENTRO

Neste obradoiro de 30 horas abórdanse os fundamentos básicos de estrutura, elaboración de escenas, construción de personaxes e creación dos diálogos dunha obra audiovisual. Cada alumno/a desenvolverá un guión de curtametraxe.

Poderás facer a túa inscripción ata o 10 de febreiro. Máis info na nosa web.

10/01/2025

🔴 FÍO DO NORTE, de peza en peza

Sopro-louvor, 2022, de Mariana Barrote.
Ferro en recorte lacado.

🔺A obra de Mariana Barrote é unha especie de arma de alucinación de toda a historia profanada. Abrindo, distribuíndo e achegando ao chan os seus camiños libres e inconscientes e as súas continxencias.

“Todos estes xestos poden verse como pistas individuais dunha trama”. Sono, na medida en que invocan un conto; este conto que é, de feito, a captura dun principio individual de transformación, de metamorfose⚫.

Lembra que podes visitar Fío do Norte, no seu horario habitual e ata o día 31 de xaneiro: de 9:00 a 21:00 horas.

Esperámosvos!

19/12/2024

O comisario .toboso introdúcenos neste vídeo ao que é ▪️Fío do norte▪️, unha exposición que explora os padróns climáticos, mitos e historias, os ritmos, cores, formas e habitantes humanos e non humanos cos que se puido construír un posible imaxinario do noroeste ibérico en todas as súas complexas formas de definición.

Texto: Juan Luis Toboso en diálogo con Ramos

🧶 Recordade que a expo estará aberta até o 31 de xaneiro de 2025.

Máis información en normal.udc.es

O Cubo de NORMAL quedou pequeno o pasado xoves para a presentación do catálogo ◼A Galicia deseñada◼A Galicia deseñada é ...
17/12/2024

O Cubo de NORMAL quedou pequeno o pasado xoves para a presentación do catálogo ◼A Galicia deseñada◼

A Galicia deseñada é un percorrido único pola historia e cultura do deseño galego, narrado a través dunha selección de 100 símbolos, marcas e identidades gráficas que axudan a entender como evolucionou o noso patrimonio visual.

Esta obra nace coa vontade de contribuír á creación dunha historiografía do deseño galego e de ofrecer un catálogo de referencia para a divulgación, consulta e e inspiración para as deseñadoras e deseñadores do presente e do futuro.

A Galicia deseñada é un convite a tomar conciencia do noso patrimonio gráfico e a celebrar o deseño como unha ferramenta esencial ao servizo da sociedade.

▫Unha coedición da e que parte da mostra que tivo lugar na sala entre o 14 de outubro de 2022 e o 14 de xaneiro de 2023▫.

Edita:
Textos:
Deseño:

21/11/2024
A Área de Cultura anuncia as audicións para a admisión de participantes nas Aulas de Música, de Teatro e de Danza da UDC...
21/11/2024

A Área de Cultura anuncia as audicións para a admisión de participantes nas Aulas de Música, de Teatro e de Danza da UDC que terán lugar en NORMAL dende finais de novembro.

Se che interesa formar parte dos espectáculos do curso 2024-25 aportando algunha faceta artística que che agrade, podes acceder a toda a información e cubrir o formulario para participar aquí:

https://normal.udc.es/convocatoria-de-audicions-para-as-aulas-de-teatro-de-danza-e-de-musica-da-udc/

Esperámoste!

🔺MAÑÁ🔺Inaugúrase ▪ NOVO SENDEIRO ▪, proxecto expositivo que acollemos nas instalacións de Normal, e que pon en valor o p...
06/11/2024

🔺MAÑÁ🔺

Inaugúrase ▪ NOVO SENDEIRO ▪, proxecto expositivo que acollemos nas instalacións de Normal, e que pon en valor o proceso participativo que se está levando a cabo en Labañou para promover unha transformación urbana do barrio, máis sostible e inclusiva.

▶ Hora: 17:00 h
▶ Lugar: 2º andar, Normal

A mostra de NovoSendeiro recolle as iniciativas que naceron da participación activa de diferentes colectivos, evidenciando como a colaboración entre entidades xera solucións innovadoras, e a participación cidadá pode ser o motor dun cambio positivo na cidade.

O traballo realizado ao longo dos últimos dous anos en temas de accesibilidade e inclusión na cidade, cos e coas estudantes da Escola de Deseño Industrial (EUDI) da Universidade de Coruña e de ASPRONAGA (Asociación de Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia), deu como resultado esta mostra onde a propia montaxe do material e deseño expositivo foi feita polo alumnado de EUDI, no marco das acción de participación Novo Sendeiro.

Esta exposición, aberta até febreiro de 2025, é unha oportunidade única para ver como as ideas e as voces da comunidade poden integrarse no deseño dos nosos barrios.

Agardámosvos ás 17:00 h❗

🧶 Lembrade que xa podedes visitar ▪️ FÍO DO NORTE▪️, de luns a venres, até o 31 de xaneiro, en horario de 9:00 a 21:00 h...
31/10/2024

🧶 Lembrade que xa podedes visitar ▪️ FÍO DO NORTE▪️, de luns a venres, até o 31 de xaneiro, en horario de 9:00 a 21:00 h.

Non podemos deixar de agradecer ao público o bo recibimento e apoio co que acolleu a inauguración da mostra. Asemade, agradecer a Carme López a sesión musical que acompañou este día tan especial.

▪️FÍO DO NORTE▪️ é «un convite para perdérmonos, sen calquera tipo de medo nin vontade de dominar a paisaxe, na máis agreste foresta do coñecemento para que a néboa, os lobos da montaña e a lenta manifestación do radon emanado polo granito (...) nos reúnan con toas estas formas e posibilidades de compartir e celebrar referencias históricas e palabras»

Moitas grazas por achegarvos!

Imaxes: Vanesa Casteleiro

Texto: Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos

Máis información en normal.udc.es

📢Ampliamos o prazo de solicitude de entradas para o próximo concerto da OSG.👉Podes reservar a túa entrada ata o luns, 28...
25/10/2024

📢Ampliamos o prazo de solicitude de entradas para o próximo concerto da OSG.

👉Podes reservar a túa entrada ata o luns, 28 de outubro, no seguinte enlace:

La Universidade da Coruña dispone, para su alumnado, de 125 entradas dobles gratuitas para el próximo concierto de la Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG).

🔺HOXE🔺Inauguramos ▪ FÍO DO NORTE▪, proxecto expositivo que reúne a artistas que exploran o territorio do noroeste ibéric...
17/10/2024

🔺HOXE🔺

Inauguramos ▪ FÍO DO NORTE▪, proxecto expositivo que reúne a artistas que exploran o territorio do noroeste ibérico.

"Estirando deste fío en dirección norte, medrou un delirio de abstracción e fantasía que contaminou as nosas reflexións para pensarmos en conxunto un proxecto expositivo onde o uso da ficción nos puidese ofrecer múltiples entradas cara a un espazo imaxinado cheo de preguntas e de afirmacións, mais tamén de trampas creadas para estimular o noso coñecemento"

Agardámosvos ás 19:30 h❗

Máis información en normal.udc.es

Dirección

Paseo De Ronda
A Coruña
15011

Teléfono

+34981167000

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Normal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Normal:

Videos

Compartir

A nosa historia

NORMAL é o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. A norma define unha resposta que non precisa interrogación. NORMAL quere ser, porén, permanente interrogación. NORMAL non é normal. Isto é o normal para nós. No momento da súa construción, 1955, o edificio deseñado por Antonio Tenreiro foi a Escola Normal de Maxisterio. De aí NORMAL. Así foi coñecida sempre na Coruña. Cando rescatamos o nome recoñecemos unha historia ligada á educación e, máis concretamente, ao que foi a Cidade escolar, o xermolo, cos edificios de Náutica e de Comercio, do que anos despois sería esta Universidade. NORMAL, por outro lado, arrastra significados que, desde o punto de vista do proxecto cultural que presentamos, soamente cabe interpretar en clave irónica: norma, regra, sistema, forma previsible ou incluso simetría, isto é, aquilo mesmo que aquí se cuestiona.