Cineclub Bueu

Cineclub Bueu O Cineclub de Bueu é unha organización para a difusión e proxección do mundo da cinematografía. Asóciate!
(12)

O Cineclub Bueu, constituíuse o 13 de febreiro de 1999 da man dun grupo obxectores de conciencia que estaban realizando a Prestación Social no Concello de Bueu. Colaboraban na proxección de películas en 16 mm ao aire libre, e con este estímulo decidiron darlle forma aos seus intereses cinematográficos poñendo en marcha unha iniciativa a través da que dar saída aos títulos que non aparecían nas sal

as comerciais. É posible que a primeira película oficial do cineclub fose “F**king Amal”, de Lukas Moodysoon. Con moi poucas interrupcións, o Cineclub Bueu vén facendo proxeccións dende entón, ao principio cada quincena e a partir do ano 2004 con periodicidade semanal. O obxectivo principal da asociación nesta etapa foi o de examinar a historia do cine para presentar ao público escollido que nos seguía a nosa particular escolma da mitoloxía cinematográfica, tratando sempre de non reducila ao “discurso oficial” do cine norteamericano, de xeito que tiveran cabida propostas cuxa indubidable calidade é proporcional á súa escasa transcendencia mediática. A partir de outubro do 2015 estreamos nunha nova etapa, onde a actualidade marca a pauta. Buscamos agora o cine máis novo, as últimas propostas do chamado cine independente, alleo as canles de distribución masiva. Ás duras condicións mercantilistas ás que se ven sometidas as iniciativas sen ánimo de lucro de promoción da cultura cinematográfica, obrigounos a espaciar as proxeccións, restrinxíndoas a unha ao mes, mais en contrapartida o apoio do público parece ir en aumento. É xa a partir de xaneiro de 2017 cando ampliamos a nosa programación a dous, mesmo tres filmes mensuais, con títulos do cinema galego e a presencia dos realizadores para a súa presentación e posterior debate co público.

Agardamos impacientes a que chegue este mércores para asistir á conferencia 'Outra maneira de soñar: Historia do cine e ...
20/08/2024

Agardamos impacientes a que chegue este mércores para asistir á conferencia 'Outra maneira de soñar: Historia do cine e do teatro en Bueu', a cargo do investigador local Arturo Sánchez Cidrás (que para nós sempre será Don Arturo) 📔🎦 As súas pesquisas materializaranse nunha publicación que recollerá as múltiples iniciativas impulsadas na nosa vila arredor do cinema, entre elas o xurdimento do propio Cineclub Bueu 🗣️ Mañá 21 de agosto ás 20:30h no Centro Social do Mar❗

Esta finde remata a   organizada polo Cine Clube Ádega, na que tivemos a honra de participar gravando o podcast 'O Gafap...
09/08/2024

Esta finde remata a organizada polo Cine Clube Ádega, na que tivemos a honra de participar gravando o podcast 'O Gafapasta Plasta' 🎙️ Un programa especial no que compartimos micro con Carla Rivas, xove protagonista do multipremiado filme 'O C***o'; Milena Martínez Basalo, autora de 'El Imaginario Fantástico de Tim Burton', e Juan Quintáns, realizador vilagarcián/brasileiro especialista en son 📻 Graciñas por convidarnos!

🎧 www.buzzsprout.com/1967106/15539762

Adiantámonos á celebración do   LGTBIQ+ coa proxección de 'Só nos queda bailar', fita sueca que colleitou diversos galar...
18/06/2024

Adiantámonos á celebración do LGTBIQ+ coa proxección de 'Só nos queda bailar', fita sueca que colleitou diversos galardóns nos festivais de cine europeos 🌈 Con este título, o Cineclub Bueu despedirá a tempada o vindeiro venres, ás 21 horas, no Centro Social do Mar 🎬 Non faltes!

Se non puideches asistir á proxección de 'Altri: A Sede Insostible' no Cineclub Bueu, agora podes ver online o documenta...
17/06/2024

Se non puideches asistir á proxección de 'Altri: A Sede Insostible' no Cineclub Bueu, agora podes ver online o documental realizado pola produtora Xarda e O Salto Galiza ▶️ Coñece e comparte o que acontecería na comarca da Ulloa se a macrocelulosa chegara a instalarse ℹ️ https://bit.ly/3RxDMpP

A Xunta, Altri e Greenalia pretenden instalar unha fábrica de celulosa e lyocell no centro do país. O que ía ser un proxecto “sostible” e “respectuoso co med...

Graciñas a todas as persoas, entidades e representantes municipais que o pasado venres nos acompañastes na proxección de...
13/06/2024

Graciñas a todas as persoas, entidades e representantes municipais que o pasado venres nos acompañastes na proxección de 'Altri: A Sede Insostible', e tamén a Pablo Santiago, da cooperativa audiovisual Xarda, por dar a coñecer o impacto ambiental que tería a instalación da macrofábrica 🎥🏭🪧 O realizador lembrounos que este domingo 16 de xuño terá lugar a marcha contra as celulosas organizada pola Asociación Pola Defensa da Ría.

Este venres contaremos no Cineclub Bueu coa presenza de Pablo Santiago, un dos realizadores de 'Altri: A Sede Insostible...
06/06/2024

Este venres contaremos no Cineclub Bueu coa presenza de Pablo Santiago, un dos realizadores de 'Altri: A Sede Insostible', para presentar o documental e debater despois co público 🏞️ Ás 21 horas no Centro Social do Mar, con entrada de balde! 🏭

📣 Programación do mes de xuño 👇DÍA DO MEDIO AMBIENTE 🌳 De balde07/06 🏞️ Altri: A sede insostible🗣️ Coloquio coa cooperat...
05/06/2024

📣 Programación do mes de xuño 👇

DÍA DO MEDIO AMBIENTE 🌳 De balde
07/06 🏞️ Altri: A sede insostible
🗣️ Coloquio coa cooperativa audiovisual Xarda

DÍA DO ORGULLO LGTBIQ+ 🏳️‍🌈
21/06 🩰 Só nos queda bailar
🎟️ 2€ socixs anuais 🎟️ 4€ socixs sesión

📍 Centro Social do Mar 🕘 21h

Milleiros de persoas manifestábanse hai pouco máis dunha semana contra a instalación dunha macrocelulosa no corazón de  ...
04/06/2024

Milleiros de persoas manifestábanse hai pouco máis dunha semana contra a instalación dunha macrocelulosa no corazón de 🏭 Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, este venres proxectamos no Cineclub Bueu o documental 'Altri: A Sede Insostible', realizado pola cooperativa audiovisual Xarda e O Salto Galiza 🏞️ Ás 21 horas no Centro Social do Mar, con coloquio posterior e entrada de balde!

🎥🌿Este viernes 24 de mayo, estrenamos un documental sobre cómo la multinacional portuguesa Altri, en connivencia con la Xunta de Galicia y Greenalia, prete...

Despois de acompañarnos na proxección de A Virxe Roxa Film hai xa dous anos, Marcos Nine volveu a semana pasada ao Cinec...
03/06/2024

Despois de acompañarnos na proxección de A Virxe Roxa Film hai xa dous anos, Marcos Nine volveu a semana pasada ao Cineclub Bueu para rescatar 'A Viaxe de Leslie', un documental co característico estilo do director que narra o falecemento do actor Leslie Howard na costa galega, cando a súa avioneta foi abatida por cazas alemáns 🎦 Rematamos así unha nova edición do Ciclo de Cinema Galego, pero as proxeccións e coloquios continúan o vindeiro venres, 7 de xuño 🎬 Non nos perdades de vista!

Como acabou o actor británico Leslie Howard falecendo nun accidente de avioneta en Cedeira? 🛩️ Este venres poderás coñec...
30/05/2024

Como acabou o actor británico Leslie Howard falecendo nun accidente de avioneta en Cedeira? 🛩️ Este venres poderás coñecer a historia completa no Cineclub Bueu a través do filme 'A viaxe de Leslie', a partir das 21:00 horas no Centro Social do Mar 🗣️🎞️ Ademais, acompañaranos o seu director, Marcos Nine, para presentar o documental e debater co público.

A semana pasada contamos no Ciclo de Cinema Galego coa participación do produtor Gaspar Broullón, que compartiu co públi...
28/05/2024

A semana pasada contamos no Ciclo de Cinema Galego coa participación do produtor Gaspar Broullón, que compartiu co público do Cineclub Bueu unha morea de anécdotas sobre a rodaxe de 'Eroski Paraíso', cuxos protagonistas levaron os premios Mestre Mateo a mellor actriz e mellor actor 🏆🏆 Seguro que a conversa lles trouxo bos recordos ás espectadoras e espectadores 💬 E ti, que lembras da sala Paraíso de Bueu?

Foi un pracer acoller hoxe a asemblea da Federación de Cineclubes Galicia e compartir coas compañeiras e compañeiros dis...
25/05/2024

Foi un pracer acoller hoxe a asemblea da Federación de Cineclubes Galicia e compartir coas compañeiras e compañeiros distintas formas de traballo e novas ideas para afrontar os retos que temos por diante 🎦 Un intercambio que nos permitirá aproveitar sinerxías e establecer accións conxuntas para seguir promovendo a cultura cinematográfica nas nosas vilas.

O Ciclo de Cinema Galego que argallamos polo   continúa este venres coa proxección de 'Eroski Paraíso', filme que naceu ...
20/05/2024

O Ciclo de Cinema Galego que argallamos polo continúa este venres coa proxección de 'Eroski Paraíso', filme que naceu coma unha obra do Grupo Chévere e que despois Jorge Coira e Xesús Ron levaron á gran pantalla 🎭🎞️ Ademais, acompañaranos un dos seus produtores, Gaspar Broullón, de OlloVivo, para a presentación e debate sobre a película 📌 O 24 de maio ás 21 horas no Centro Social do mar❗

Foi un auténtico gustazo conversar o venres pasado co director do filme 'À procura da estrela', Carlos Martínez-Peñalver...
16/05/2024

Foi un auténtico gustazo conversar o venres pasado co director do filme 'À procura da estrela', Carlos Martínez-Peñalver, e co actor protagonista, Joel Fontán, tras a proxección no Cineclub Bueu 🗣️ O Ciclo de Cinema Galego descansa esta semana pero igualmente podedes celebrar o cunha morea de actividades 👉 concellodebueu.gal/letras-galegas-bueu-2024

Música, literatura, teatro e, por suposto, cine, moito cine para conmemorar as   no Concello de Bueu 🎵🎭📖 Onte presentous...
09/05/2024

Música, literatura, teatro e, por suposto, cine, moito cine para conmemorar as no Concello de Bueu 🎵🎭📖 Onte presentouse a programación municipal coa participación de diversos colectivos diante do monumento a Johan Carballeira, onde o Cineclub Bueu estivo estupendamente representado polo noso socio nº1, Afonso Fernández 📽️ Lembrade que o Ciclo de Cinema Galego continúa este venres coa proxección do filme 'À procura da estrela' ℹ️ https://concellodebueu.gal/letras-galegas-bueu-2024/

Sánchez Cidrás presentará o seu libro “Alcaldes para un pobo: Bueu 1812-2014”

Tras a estupenda acollida que o público do Cineclub Bueu lle proporcionou a 'O C***o', o Ciclo de Cinema Galego continúa...
05/05/2024

Tras a estupenda acollida que o público do Cineclub Bueu lle proporcionou a 'O C***o', o Ciclo de Cinema Galego continúa o vindeiro venres 10 de maio coa proxección de 'À procura da estrela' 🎦 Ademais, desta volta contaremos co seu director, Carlos Martínez-Peñalver, e co actor protagonista, Joel Fontán, para a presentación do filme e o coloquio posterior coas e cos asistentes.

Agarámosvos!!
03/05/2024

Agarámosvos!!

Neste mes de maio retomamos o Ciclo de Cinema Galego para conmemorar as   combinando recentes estreas con títulos da últ...
02/05/2024

Neste mes de maio retomamos o Ciclo de Cinema Galego para conmemorar as combinando recentes estreas con títulos da última década 🗣 Ademais, a partir da próxima semana contaremos con membros do equipo dos filmes para que presenten a súa película e debatan co público 📽 Vémonos os venres ás 21 horas no Centro Social do Mar!

🎞 03/05 🤰🏾 O C***o
🎞 10/05 🌄 À procura da estrela
🎞 24/05 🕺 Eroski Paraíso
🎞 31/05 🛩️ A viaxe de Leslie

02/05/2024

O Cineclub proxecta catro películas, que comezan mañán con “O C***o”, premiada en San Sebastián

Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuel e o seu fillo cego, Daniel, nun chalé no medio dos Alpes frances...
09/04/2024

Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuel e o seu fillo cego, Daniel, nun chalé no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel falece en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é arrestada e xulgada por asasinato, e o proceso pon a súa tumultuosa relación e a súa ambigua personalidade no punto de mira.

Vémonos hoxe!!
05/04/2024

Vémonos hoxe!!

Se non puideches velas no cine ou se queres g***r de novo destas marabillosas películas en pantalla grande e en versión ...
04/04/2024

Se non puideches velas no cine ou se queres g***r de novo destas marabillosas películas en pantalla grande e en versión orixinal, achégate ao Cineclub Bueu❗

O mes de abril trae ao Cineclub Bueu os dous filmes máis aclamados do ano 👇🎞️ 05/04 'Fallen leaves', de Aki Kaurismäki.🎞...
02/04/2024

O mes de abril trae ao Cineclub Bueu os dous filmes máis aclamados do ano 👇

🎞️ 05/04 'Fallen leaves', de Aki Kaurismäki.
🎞️ 12/04 'Anatomía dunha caída', de Justine Triet.

Ás 21 horas no Centro Social do Mar 🎦 Agardámosvos‼️

Emmanuelle Blachey é unha brillante enxeñeira que conseguiu escalar e finalmente entrar no comité executivo da súa empre...
08/03/2024

Emmanuelle Blachey é unha brillante enxeñeira que conseguiu escalar e finalmente entrar no comité executivo da súa empresa, o xigante francés da enerxía. Un día, unha rede de mulleres influentes proponlle axuda para conquistar a dirección dunha importante compañía que cotiza en bolsa. Isto converteríaa na primeira muller en ocupar un posto de tal calibre. Pero nas esferas aínda dominadas polos homes, os obstáculos de tipo profesional e persoal multiplícanse. A conquista anunciábase triunfal, pero en realidade trátase dunha guerra.

Este venres conmemoramos o   co filme 'A número un', da directora fancesa Tonie Marshall, que nos fala sobre as dificult...
06/03/2024

Este venres conmemoramos o co filme 'A número un', da directora fancesa Tonie Marshall, que nos fala sobre as dificultades das mulleres nas altas esferas profesionais 📽️🕤 Ollo que o horario non será o habitual, senón que a proxección no Centro Social do Mar dará comezo ás 21:30 horas para non solaparnos con outras actividades programadas polo Concello de Bueu con motivo do 👉 https://bit.ly/3InUB1i

Dirección

Centro Social Do Mar
Bueu
36930

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cineclub Bueu publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Cineclub Bueu:

Videos

Compartir