Romería do 17

Romería do 17 Romería que se fai o 17 de maio no adro de Darbo (Cangas).

Vémonos mañá en Darbo!! Non teñades medo á choiva, seica xa choveu hoxe todo o que tiña que chover e mañá vai a estar de...
16/05/2024

Vémonos mañá en Darbo!!
Non teñades medo á choiva, seica xa choveu hoxe todo o que tiña que chover e mañá vai a estar despejado! 🤞🏻😁😁😁

«Repetimos formato do ano pasado pero, aproveitando que cadra en venres, ampliamos horario ata a noite!»- comentan dende a A.C. Peis d’hos, organizadores do evento-. Trátase dunha romería que vai dende a mañá ata a madrugada, con espectáculo infantil e actuacións musicais ao longo do día,...

O ano pasado tivemos a sorte de ter un día marabilloso ☀️☀️☀️e a vosa resposta foi igual de marabillosa ateigando o adro...
12/05/2024

O ano pasado tivemos a sorte de ter un día marabilloso ☀️☀️☀️e a vosa resposta foi igual de marabillosa ateigando o adro de Darbo durante todo o día. Non contabamos e colléstenos desprevenid@s, pero non nos volve a pasar outra igual, este ano estamos preparad@s!! 💪🏻💪🏻

‼️ NOVIDADE: teremos grifos de caña de Estrella Galicia e 1906!!! 🍻🍺🍺 E toda a variedade de bebidas que xa tivemos o ano pasado: refrescos, zumes, auga, vermú 🍸, viño tinto 🍷 e branco, kalimotxo, licores, gintonic’s, cubatas de ron, whiskey 🥃 e vodka!

Teremos tamén café de pota!! ☕️

Haberá máis variedade de bebida e, o máis importante, tamén máis cantidade! Dúas barras para poder atendervos do mellor xeito posible! Pero iso si, mantendo os precios populares!!

O ano pasado tivemos a sorte de ter un día marabilloso e a vosa resposta foi igual de marabillosa ateigando o adro de Da...
10/05/2024

O ano pasado tivemos a sorte de ter un día marabilloso e a vosa resposta foi igual de marabillosa ateigando o adro de Darbo durante todo o día. Non contabamos e colléstenos desprevenid@s, pero non nos volve a pasar outra igual, este ano estamos preparad@s!! 💪🏻💪🏻

Pulpeira, churrasco, paella de carne e vexetal, bocatas quentes de lomo, bacon, chourizo ou tortilla (tamén con queixo), empanadillas e repetimos a opción do falafel que tanto gustou! Contaremos tamén con biscoito, chuches e patatillas!

Haberá máis variedade de comida durante todo o día e, o máis importante, tamén máis cantidade! Pero iso si, mantendo os precios populares!!

Lembrade, o Día das Letras Galegas estaremos no Adro de Darbo festexando a “Romería do 17” con estes grandes artistas, e...
05/05/2024

Lembrade, o Día das Letras Galegas estaremos no Adro de Darbo festexando a “Romería do 17” con estes grandes artistas, entre outros: Peter Punk e Brais das Hortas, Charanga NBA, pandeireteiras Cantigas e Agarimos, Airiños da Freba, Trío Tic Tac e Noname dj’s !!!

Ademais, haberá música ao longo de todo o día, xogos populares, pulpeira, churrasco, bocatas quentes, comida vegana e barra con bebidas... todo a prezos populares! Tamén haberá mesas, polo que podedes vir ata Darbo sen preocuparvos de nada, só de vir con ganas de desfrutar do día e pasalo ben!! 🎉🎉🎉

Peis d'hos
Concello de Cangas do Morrazo
Deputación Pontevedra

Romería do 17, na programación de maio do Concello de Cangas do Morrazo!
04/05/2024

Romería do 17, na programación de maio do Concello de Cangas do Morrazo!

🎉🎉🎉🎉ROMERÍA DO 17 O vindeiro 17 de maio temos festa rachada no adro de Darbo (Cangas)! Repetimos formato do ano pasado p...
26/04/2024

🎉🎉🎉🎉

ROMERÍA DO 17

O vindeiro 17 de maio temos festa rachada no adro de Darbo (Cangas)!
Repetimos formato do ano pasado pero, aproveitando que cadra en venres, ampliamos horario ata a noite! Romería con pulpeira, churrasco, paella, comida vegana, bocatas quentes e barra con bebidas... a prezos populares!!
Concerto Punkinfantil con Peter Punk e Brais das Hortas e actuacións musicais de Charanga Nba, pandeireteiras de Cantigas e Agarimos , Airiños da Freba e Trío Tic Tac, e fin de festa con Noname dj’s!!
Xogos populares, sorteos e máis sorpresas!!
E, por suposto, haberá tempo para tocar, cantar, bailar e montar unha boa foliada popular e desfrutar do día como se merece!!

Agardámosvos no adro de Darbo!! Vinde!!!

🎉🎉🎉🎉🎉

Peis d'hos
Lina e Lola
Trébede
Concello de Cangas do Morrazo
Deputación Pontevedra

O ano pasado tivemos a sorte de ter con nós a Dani Blanco… Canto rimos! Que ben o pasamos!!E a un dos mellores grupos qu...
25/04/2024

O ano pasado tivemos a sorte de ter con nós a Dani Blanco… Canto rimos! Que ben o pasamos!!
E a un dos mellores grupos que se pode ter para tocar nunha romaría… Os Melidaos, que nos fixeron cantar e bailar o solto que daba xenio velo!
E tamén verbeneo do bo co dúo Verde Menta, que puxeron o broche de ouro!

Quen virá este ano? A que artistas teremos amenizando a Romería do 17?? Estade atent@s, en breves sairá o cartel deste ano!! 😁😁

Sae o sol e parece que o corpo ten gana de romería… en pouco menos dun mes Romería do 17 no adro de Darbo!!! ☀️🍻🍸🍷🎷🎺🪗🥁🍺🥃...
24/04/2024

Sae o sol e parece que o corpo ten gana de romería… en pouco menos dun mes Romería do 17 no adro de Darbo!!!

☀️🍻🍸🍷🎷🎺🪗🥁
🍺🥃🎤🎹💃🕺🏻🎊🎉

Lembrades o ben que o pasamos o ano pasado?
Rimos, cantamos, bailamos e desfrutamos moito… este ano moitas sorpresas agardan na liña de saída!! 🤪
Gardade a data, poñédea en vermello no calendario 📆🖍️
Vémonos o 17 de maio no adro de Darbo!!

18/04/2024

Dirección

Adro De Darbo
Cangas
36949

Teléfono

+34670706147

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Romería do 17 publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Romería do 17:

Compartir


Otros Servicio de fiestas y entretenimiento en Cangas

Mostrar Todas