15/12/2023
Hoxe, 15 de decembro, fai exactamente 20 ANOS que abrimos a nosa porta, que botou a andar o proxecto que é agora Xaora Fotógrafos.
Con moita ilusión, moito esforzo e moitas ganas, o que era un soño foi facéndose realidade, medrando, gañando estabilidade, confianza e seguridade en que estabamos ofrecendo o mellor de nós.
En 20 anos da tempo a aprender moitas cousas no traballo e na vida, e da tempo tamén a que acontezan moitos cambios. O que naceu como un proxecto común hoxe xa non o é, e aquel soño cumplido non pode facernos prisioneiros para camiñar polo mesmo sendeiro. Paulo Coelho chámalle cerrar ciclos e di “… pecha a túa porta, cambia o disco, limpa a casa, sacude o pó, deixa de ser quen eras e transfórmate en quen eres”.
Temos moito que agradecervos e moito que agradecernos mutuamente. GRACIAS a todos os que sodes parte da familia Xaora:
- Son familia os que sodes ou fostes equipo, traballando cóbado con cóbado, loitando e facendo voso o que era o noso soño. Foi un pracer apostar e compartir. De todos aprendemos.
- Son familia todos e cada un dos que nalgún momento vos achegastes encargar algo ou interesarvos polo que podiamos ofrecer. Medramos gracias ós que quedaron e ós que non.
- Son familia todos os que confiastes en nós para axudarvos a gardar os vosos recordos. 20 anos dan para moito e xa nos consideramos un pouco das vosas casas. Compartimos con vós momentos que nós tampouco imos esquecer. Moitos sodes xa desa familia que se escolle.
- Son familia de Xaora tamén, por suposto, os nosos amigos. Gracias polo apoio, pola axuda incondicional e pola comprensión.
- E por último, gracias ós nosos familiares, ós das nosas casas, polos ánimos, polo soporte, polo esforzo e pola confianza. Gracias por estar preto SEMPRE, e por seguir remando sen descanso desde onde sexa.
Hoxe, 15 de decembro, é un bo dia para contarvos que PECHAMOS a porta. Co remate deste 2023 cerraremos ao público e xa só nos ocuparemos en rematar os traballos e realizar as entregas. Durante uns meses seguiremos estando polo estudio, coa porta pechada, para acabar con mimo cada un dos pedidos que faltan por entregar, realizar as sesións de bonos regalo sen disfrutar e quedar con vós para seleccionar reportaxes ou entregarvos os vosos encargos.
Ata 31 de decembro seguiremos abertos no horario habitual para que poidades pasarvos a recoller as cousiñas que xa están listas. Os que estades pendientes de seleccionar pedímosvos que o vaiades facendo cando poidades. Os que aínda non podedes facelo porque non vos avisamos, paciencia… xa queda pouco, en breve iremos contactándo con vós. Tamén, a medida que vaiamos rematando os pendentes, iremos chamando ás persoas que teñen bonos regalo para desfrutar, e recordándovos ós que tedes cousas pendientes de seleccionar e recoller.
Pouco a pouco temos que rematar de ENTREGAR TODO e facelo BEN. É necesario para que Xaora poida pechar o seu círculo. E porque ó fin e ó cabo, TODO FINAL TAMÉN É UN COMEZO... Sei que o ides entender e que vos aledaredes por nós os dous.
Aperta forte forte familia.
Xaora Fotógrafos.