Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal

Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal A Feira de San Gregorio se celebra en Pías O Rosal o 9 e 10 de marzo de 2024

🤩 Estupenda xornada a vivida o pasado sábado na VI Xornada Popular San Gregorio de Pías, onde  desfrutamos dun fantástic...
05/12/2024

🤩 Estupenda xornada a vivida o pasado sábado na VI Xornada Popular San Gregorio de Pías, onde desfrutamos dun fantástico ambiente que rematou co sorteo de numerosos agasallos.
Queremos agradecer a Sociedade de San Miguel e ao Concello do Rosal pola sua colaboración, sen esquecerse por suposto de tódolos asistentes que participaron no evento. GRAZAS❗🫂

🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥳 Aquí a temos❗ Despois duns aniños de ausencia, xa temos de volta a VI Xornada Popular Pías-San Gregorio❗Era...
08/11/2024

🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩🥩

🥳 Aquí a temos❗ Despois duns aniños de ausencia, xa temos de volta a VI Xornada Popular Pías-San Gregorio❗
Eramos coñecedores das ganas que tiñades de volver a desfrutar desta xornada festiva, así que ide anotando o 📝 sábado 3️⃣0️⃣ de Novembro na vosa axenda. Nesta nova edición, cambiamos a ubicación e nos imos ata a Sociedade de San Miguel...

🚨 IMPORTANTE 🚨

O peche das inscripcións será o Mércores 2️⃣7️⃣ de Novembro. Contamos con aforo limitado. Non o deixedes para o último día que as prazas voan 😉

Queremos volver a vervos a tod@s de novo🤗 Non faltedes❗

🚨 🚨 🚨 Comunicado:No día de onte os amig@s do alleo pasáronse pola Capela de San Gregorio para sustraer un dos cinco “ros...
17/07/2024

🚨 🚨 🚨 Comunicado:
No día de onte os amig@s do alleo pasáronse pola Capela de San Gregorio para sustraer un dos cinco “rosais de bastón” que plantou a AAVV de San Gregorio de Pías coa colaboración dos veciños que se ocupaban tamén do seu coidado.
Amosamos o noso enfado ante tal feito e de paso felicitamos o individu@ que o fixo polo seu “bo gusto” xa que levou o máis bonito e deixou un “substituto” cunha rama doutro.
Dende aquí solicitamos a dito suxeito que devolva o que NON é seu e o deixe no sitio que lle corresponde.
PD: nos pobos pequenos todo se sabe…😉

No día de hoxe, 16/03/24, celebrouse o sorteo da Lotaría Nacional que corresponde co sorteo das rifas da Feira de San Gr...
16/03/2024

No día de hoxe, 16/03/24, celebrouse o sorteo da Lotaría Nacional que corresponde co sorteo das rifas da Feira de San Gregorio 2024.

O número agraciado nas rifas da Feira de San Gregorio é o seguinte:
8836 - Cea para 4 persoas no Restaurante La Cabaña en O Rosal

Moita sorte a tod@s e gracias pola vosa colaboración!!

🥺 PASOU O DÍA, PASOU A ROMARÍA❗Toca darlle a despedida a Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal , ainda coa emoció...
14/03/2024

🥺 PASOU O DÍA, PASOU A ROMARÍA❗

Toca darlle a despedida a Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal , ainda coa emoción no corpo do vivido o pasado fin de semana na Feira, porque o mal tempo non foi impedimento para conseguir que se vivise un ambiente máxico no torreiro da festa 🤩.

Por iso é momento para os agradecementos, e queriamos comezar por toda esa xente que o fixo posible unha vez máis, en especial a tod@s esas veciñ@s que sempre están ahí para botar unha man cando é necesario, as empresas colaboradoras... GRAZAS❗

Sen esquecernos da parte que nos fixeron desfrutar a grandes e pequenos... Migallas Teatro , SON DAS TABERNAS, A Boalleira, Pakolas, Faíscas da Pontraga ...Sodes moi grandes, GRAZAS❗

⏳ Xa coa mente posta no 2️⃣.0️⃣2️⃣5️⃣

🎉 VIVA SAN GREGORIO ❗

O Prato estrela do Domingo xa está listo.. Vémonos na Feira!!!!🤪🤪🎉🎉
10/03/2024

O Prato estrela do Domingo xa está listo.. Vémonos na Feira!!!!🤪🤪🎉🎉

Búscase o propietario desta pulseira, apareceu onte no torreiro da festa, para recollela pode chamar ao 660005656 ou pas...
10/03/2024

Búscase o propietario desta pulseira, apareceu onte no torreiro da festa, para recollela pode chamar ao 660005656 ou pasarse hoxe pola Feira...Agradécese difusión.

Chegou o día ❗❗❗ Ultimando detalles e as 1️⃣7️⃣:0️⃣0️⃣ arrancamos....Non faltedes❗
09/03/2024

Chegou o día ❗❗❗ Ultimando detalles e as 1️⃣7️⃣:0️⃣0️⃣ arrancamos....Non faltedes❗

Non todo vai ser comer 🧀 e beber 🍷 🤪 na Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal ... Tamén hai espazo para a arte, e...
08/03/2024

Non todo vai ser comer 🧀 e beber 🍷 🤪 na Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal ... Tamén hai espazo para a arte, e este ano contamos co fotógrafo "Lalo Rodríguez" Pozaslalo fotografías ... que nos amosará o que leva inmortalizado ao longo de todos estes anos coa súa 📷, que esconde auténticas preciosidades...

Eu que vos non o perdería ❗

Todos os anos en San Gregorio temos unha maravillosa exposición de palillos. O gran traballo realizado polas alumnas de ...
08/03/2024

Todos os anos en San Gregorio temos unha maravillosa exposición de palillos.
O gran traballo realizado polas alumnas de Teresa González e Úrsula Rodríguez Mauri, tanto do noso pobo como de pobos veciños. Un traballo único no que poñen moito empeño para que sexa algo único.
Con esta exposición queren facer un guiño a aquelas mulleres que antiguamente viñan a Feira de San Gregorio a vender os seus encaixes de palillos, e que as mozas esperaban para comprar para os seus equipos ( roupa de cama para o casamento) e para o que xuntaban os cartiños de todo o ano para gastar eses días.

Unha auténtica preciosidade que tedes que pasar a visitala 🤩🤩

Se hai algo que marca a diferencia na Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal  é o seu doce estrela, a Rosca de Rox...
08/03/2024

Se hai algo que marca a diferencia na Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal é o seu doce estrela, a Rosca de Roxóns que xa vai pola súa XXIV edición. Poderedes facervos con ela no stand da feira.

🎵🎶 Este ano o peche da Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal  vai a cargo do grupo folk Faíscas da Pontraga ,  qu...
07/03/2024

🎵🎶 Este ano o peche da Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal vai a cargo do grupo folk Faíscas da Pontraga , que serán encargad@s de poñernos a bailar con ritmos do noso repertorio tradicional, coidados con moito mimo.

Contamos con vos no torreiro da festa...

QUE VIVA A NOSA MÚSICA ❗

🗓️ Domingo 1️⃣0️⃣ de Marzo
🕗 1️⃣9️⃣:0️⃣0️⃣h

Continuamos coa programación do Domingo 1️⃣0️⃣ de Marzo, que tamén ven completiña de actividades❗ Comezamos pol@s máis p...
07/03/2024

Continuamos coa programación do Domingo 1️⃣0️⃣ de Marzo, que tamén ven completiña de actividades❗
Comezamos pol@s máis peques da casa con Pakolas e o seu espectáculo musical Rockanroleirooo🤟🏻🎸 que faerá poñer cativ@s a bailar❗

🗓️Domingo 1️⃣0️⃣ de Marzo

🕕 1️⃣7️⃣:0️⃣0️⃣

07/03/2024

Migallas Teatro serán encargad@s de facer pasar un bo rato de diversión cativ@s da casa!!!

Sábado 9 de Marzo as 18:00h.

07/03/2024

Eu que vos non me perdería o concerto destes fenómenos o SÁBADO 9 DE MARZO AS 20:00 do serán na Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal.... SON DAS TABERNAS

🎵🎶 Anotade ben este día na vosa axenda... O Sábado 9️⃣ de Marzo as 2️⃣0️⃣:0️⃣0️⃣ contaremos nada máis e nada menos que c...
06/03/2024

🎵🎶 Anotade ben este día na vosa axenda... O Sábado 9️⃣ de Marzo as 2️⃣0️⃣:0️⃣0️⃣ contaremos nada máis e nada menos que co grupo SON DAS TABERNAS , que como seu nome indica, traen un concerto cargadiño de temas populares do noso folklore, pero dándolle un toque persoal, que damos fe de que non ides ser capaces de quedar parad@s.

A enerxía e a alegría están aseguradas enriba do escenario ❗

Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal

🎉 Continuamos coa presentación do programa da Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal O sábado 9️⃣ de Marzo, unha v...
06/03/2024

🎉 Continuamos coa presentación do programa da Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal

O sábado 9️⃣ de Marzo, unha vez rematado o concurso de Tortilla, contaremos no Torreiro da festa con Migallas Teatro , que nos farán desfrutar de un ratiño agradable cun espectáculo para mais peques da casa... e non tan peques❗🤪

Trae o teu cativo a divertirse con nós🤗

👉🏻 Sábado 9️⃣ de Marzo...1️⃣8️⃣:0️⃣0️⃣

LARPEIR@❗😋Sempre quixeste demostrar en sociedade que a túa tortilla é a mellor de todas❓Pois ben, este é o teu momento❗ ...
05/03/2024

LARPEIR@❗😋

Sempre quixeste demostrar en sociedade que a túa tortilla é a mellor de todas❓

Pois ben, este é o teu momento❗ O vindeiro sábado 9️⃣ de Marzo tes a oportunidade para facelo no VII Concurso de Tortilla da Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal !

O concurso consta de 2️⃣ modalidades:

👉🏻 TRADICIONAL
👉🏻 INNOVACIÓN

Cal é a tua modalidade estrela❓🤪

❌ NOTA IMPORTANTE ❌
- Non se admitirán tortillas unha vez comezado o concurso.

Agardámoste no torreiro da festa a partir das 1️⃣7️⃣:0️⃣0️⃣❗

Dirección

O Rosal
36760

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Feira de San Gregorio 2024 en Pías - O Rosal:

Videos

Compartir


Otros servicios de planificación de eventos en O Rosal

Mostrar Todas