Damas e Cabaleiros 👥 amantes do fútbol⚽️ e do bo comer e beber🕺🏻💃🏽:
Os nosos compañeiros do Acebreiro xa teñen o campo preparadiño para recibirnos (haberá servicio de cantina durante o partido para os que prefiran arrimarse á barra máis que correr).
Os bares de Pastoriza xa están a enfriar unhas cerveciñas🍻🍻 e a facerlle sitio ós liscos nas súas pranchas 🥓🥓
Logo estará esperándonos Hermo Discoteca e Kalima 3.0 na praza do concello para abrir por todo o alto as nosas grandes festas! 🔥🎉
Xa sabedes, falta menos!
Só tedes que vir con roupa deportiva, zapatillas adecuadas e gañas de pasalo ben e non mancarse.
E ti, se queres vir botar unhas risas e desengrasar a cadeira, aínda estás a tempo de apuntarte.
🎉🎉🎉🎉
Velaquí tedes o anuncio da nosa festa!!
Graciñas Concello da Pastoriza 🎉🎉🎉
O día 22 de marzo tedes unha cita na Ladrillera! Coma o ano pasado, a comida ven da man dos nosos veciños e amigos da @casadaluzhotel , a simpatía da man da comisión e o bo rollo e a diversión xa a poñedes vos, pero nós imos axudar a pasar unha gran noite para axudar a sacar adiante a gran festa de A Pastoriza💜 Xa sabedes que pasamos lista! Podedes falarnos por aquí para reservar, con calquera dos da comisión ou xa vos iremos buscar polos bares, estade atentos! Gracias a todos e todas!!
🚨🚨🚨🚨🚨🚨🎉🎉🎉🎉🎉
‼️‼️Todos os que compartan esta publicación no seu muro de Facebook entrarán no sorteo de 10 rifas para o sorteo da noite do sábado.
Estás máis preto de conseguir os 1000€ que sorteamoos!!!
🎉🎉Anímate! Lembra, sigue a nosa páxina do facebook e comparte esta publicación!
Para os que non foran afortunados, seguimos a vender as rifas a 2,50€, que pouco é e moito amaña😁😁
Venres á noitiña dicimos o/a gañador/a do sorteo e poñémonos en contacto contigo para entregarche as túas rifas.
Boas festas!!🫂
Avisados quedades!Aquí vos deixamos a cuña da radio que da publicidade ás nosas festas!Tamén os nosos agradecementos ao Concello por aportarnos este empuxe para a promoción 😊Botádelle unha oída 🤪🤪
📣📣Avisados quedades!📣📣
Aquí vos deixamos a cuña da radio 🎙️. que da publicidade ás nosas festas!
Tamén os nosos agradecementos ao Concello da Pastoriza por aportarnos este empuxe para a promoción 😊
Botádelle unha oída 🤪🤪
A Pastoriza 2023