Liceo Mutante

Liceo Mutante Liceo Mutante, asociación que dende 2011 leva promovendo a cultura autoxestionada en Pontevedra. Faino ti mesmo! Hazlo tú mismo!
(220)

O Liceo Mutante é unha asociación cultural sita en Pontevedra que pretende ofrecer unha alternativa ás propostas privadas que existen na cidade mediante a creación de un espazo autoxestionado para a creación cultural, a interacción, a experimentación e a transformación social. Sen ánimo de lucro!
||||||||
El Liceo Mutante es una asociación cultural sita en Pontevedra que pretende ofrecer unha alt

ernativa a las propuestas privadas que existen en la ciudad mediante la creación de un espacio autogestionado para la creación cultural, la interacción, la experimentación y la transformación social. Sin ánimo de lucro!
||||||||
Liceo Mutante is a diy non profit and free thinking institution that promote cultural activities, experimentation and critical thinking in the city of Pontevedra.


||||||||
Estamos en / We are at:
c/ Rosalía de Castro nº 100 36002 Pontevedra, España
[email protected]

SÁBADO 27: RUNRÚN 13:00-23:30 | 20€ Doazón Artistas (inclúe xantar + una bebida) Aforo limitado Reservas: reservas@acefa...
16/07/2024

SÁBADO 27: RUNRÚN
13:00-23:30 | 20€ Doazón Artistas (inclúe xantar + una bebida)
Aforo limitado
Reservas: [email protected]

A fin de celebrar e reivindicar a cultura autoxestionada, Colapso Colectivo, Liceo Mutante e Acéfala xuntamos forzas para organizar unha longa xornada de sábado chea de músicas experimentais e radicais con propostas amigas e afíns de todo o estado.

Toda unha xornada de música en directo apenas interrompida por un xantar vegán (14:30-16:30h) no que aproveitaremos para coñecernos mellor e compartir experiencias entorno a cultura autoxestionada e a necesidade de dispor de espazos e colectivos que a fagan posible.
Partillaremos os horarios e información detallada de cada proxecto nos vindeiros días!

Para financiar o evento suxírese una doazón de 20€ que inclúe dereito a un prato de comida e unha bebida.
A entrada será libre ata completar aforo. Se ves de lonxe e/ou queres asegurar a túa praza debes escribir a [email protected].
Agradecemos que o fagades para poder organizarnos mellor nunha xornada tan completa!

Se non podes acudir pero queres apoiar este tipo de iniciativas, podes facer a doazón que consideres oportuna por medio de Paypal ou unha transferencia bancaria con asunto ‘RUNRÚN’:

Paypal: [email protected]
IBAN: ES87 3070 0044 5062 4458 7223

Viva (e forza para) o Liceo Mutante! Viva Colapso! Viva Acéfala!

Precioso cartaz da

Este domingo! Nin Ence na ría nin Altri na UlloaCelulosas fóra!
10/06/2024

Este domingo!
Nin Ence na ría nin Altri na Ulloa
Celulosas fóra!

Hai nove anos abría as portas en Compostela Numax , proxecto cultural cooperativo e referencial, punto de encontro e ilu...
20/05/2024

Hai nove anos abría as portas en Compostela Numax , proxecto cultural cooperativo e referencial, punto de encontro e ilusionante exemplo de creatividade, compromiso e boas prácticas
Este domingo fan anos e convidáronnos a celebralo canda elas
Alá levamos a Zunzún, Columna Vegana e Bigote Mix para armar festa
Tedes aquí toda a info: https://numax.org/novas/detalle/festa-noveno-aniversario

Moitos parabéns queridas amigas, por moitos anos!

Todas as novidades sobre o proxecto

Refrescade as axendas! Mañá damos inicio a un pequeno ciclo de músicas libres na Facultade de Belas Artes, con Balises, ...
11/04/2024

Refrescade as axendas!
Mañá damos inicio a un pequeno ciclo de músicas libres na Facultade de Belas Artes, con Balises, dúo franco-quebequés

Mentres soñamos con vos abrir as portas da nova casa, seguimos explorando os espazos tralas portas que se nos van abrind...
01/04/2024

Mentres soñamos con vos abrir as portas da nova casa, seguimos explorando os espazos tralas portas que se nos van abrindo. Aquí tedes o que preparamos para esta primavera:

O noso máis sincero agradecemento a todas persoas que dun xeito ou outro nos estades a axudar e acompañar neste treito tan estraño.

Ollo piollo!
O concerto de Eugene Chadbourne terá lugar no edificio Castelao do Museo de Pontevedra, a entrada é de balde, podedes reservala escribindo a: [email protected]

Vémonos prontiño!!

As fermosas fotos de Chiño Tato  dan conta da noitiña tan especial que vivimos o sábadoMoitas grazas a todxs por facelo ...
21/03/2024

As fermosas fotos de Chiño Tato dan conta da noitiña tan especial que vivimos o sábado
Moitas grazas a todxs por facelo posible dun xeito tan bonito e respectuoso

Pronto máis aventuras!

Xusto a tempo! Xa están aquí os almanaques de 2024 do Liceo Mutante con estas ilustracións tan alucinantes de Natalia Um...
22/12/2023

Xusto a tempo! Xa están aquí os almanaques de 2024 do Liceo Mutante con estas ilustracións tan alucinantes de Natalia Umpierrez e Begoña García Alén
Queres un? Achégate por algún destes locais amigos:
*Pontevedra:*
Libraría Paz
Libraría Metáfora
*Santiago de Compostela:*
El Muelle discos
*A Coruña:*
Acéfala

10 euriños de nada!

A forza do noso amor non poder inutle!U. Novoneyra 1957,GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!!Despois dunha cadea de dificultades e ...
07/12/2023

A forza do noso amor non poder inutle!
U. Novoneyra 1957,

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!!
Despois dunha cadea de dificultades e problemas nos últimos anos, o 2 do decembro do 2023 quedará marcado a lume no noso almanaque
A vosa enerxía e alegría encheu os nosos depósitos de gasoliña que pensabamos furados.
LCTRCT, Lamprea Explosiva, Malándromeda, Edi Pou e Hassan K, a vosa incrible música, xenerosidade, actitude, disposición, solidariedade e cariño co noso proxecto ficará para sempre dentro de nós.
Agradecidas por suposto a AC Casa Verde de Salcedo por abrirnos a súa casa e acollernos con todas as facilidades, e ás amigas de Nasa polo seu agasallo
A toda a xente que se achegou ou mesmo quedou sen entrada, que mandou cartos, a toda a xente e colectivos que colaboraron dun xeito ou doutro, non atopamos as palabras para agradecer a tarde que nos fixéchedes pasar.
O sentimento de comunidade, fraternidade e respecto que atopamos reborda todo o posíbel.

O Liceo somos todxs!
Grazas, sempre

Seguide atentxs, que non paramos

PD: As fotos son Chiño Tato agás de Hassan K, de Dalia

Xente, como sabedes, mañá temos un pequeno encontro neste sitio chulísimoLiceo fóra vol.1O enderezo é :Igrexa, 36C, 3614...
01/12/2023

Xente, como sabedes, mañá temos un pequeno encontro neste sitio chulísimo
Liceo fóra vol.1

O enderezo é :
Igrexa, 36C, 36143 Salcedo, Pontevedra
Como vedes, pódese ir camiñando sen problema desde Pontevedra, e non vai chover!

Mañá ás 12.00 do mediodía deixamos de coller reservas, se queredes vir é mellor que aseguredes a vosa praza.
Se depois das reservas quedase algún oco (de seguro moi poucos), poranse á venta na billeteira ás 17.00, na apertura de portas

NON IMOS TER TPV,NIN BIZUM, nin can que lle ladre, por favor traede efectivo

Grazas, sempre
Bicos

Apunta aí
09/11/2023

Apunta aí

Pasaxeiros entre palabras fugaces:cargade cos vosos nomes e marchade,quitade as vosas horas do noso tempo e marchade,tom...
13/10/2023

Pasaxeiros entre palabras fugaces:
cargade cos vosos nomes e marchade,
quitade as vosas horas do noso tempo e marchade,
tomade o que queirades do azul do mar
e da area da lembranza,
tomade todas as fotos que queirades para saber
o que nunca saberedes:
como as pedras da nosa terra
constrúen o teito do ceo.

M. Darwish

Amigas, vimos co parte:Nin mortas nin de parrandaAínda estamos vivas, xuntas e con vontade.Co peito e o papo enchidos do...
05/10/2023

Amigas, vimos co parte:
Nin mortas nin de parranda
Aínda estamos vivas, xuntas e con vontade.
Co peito e o papo enchidos do voso cariño e da vosa solidariedade
Se o lume aínda está aceso é grazas a vós, se aínda hai forza, é grazas a vós
Infindas grazas,amigas. Porque sodes, somos.
Non podemos deixar tamén de agradecer á xente do Ateneo Libertario que puxeran á nosa disposición o local sindical para levar ao cabo algunhas das nosas actividades.
Como sabedes, temos casa nova, e queremos poñela a andar canto antes, mais este proceso, máis lento e difícil do que agardabamos, está a espiñarnos o espírito.
Mais somos teimudas coma a toupa que fura e fura e queremos seguir facendo cousas nesta cidade que se nos agocha.
Queremos xuntarnos de volta, polo que, co tempo das castañas, iremos organizando algunha cousiña puntual, alí onde nos deixen.
Precisamos de vós, dos vosos folgos, dos vosos pulos, das vosas ideas, da vosa audacia, dos vosos azos.
Ou xuntas ou nada

Saúde!

Touradas fóraAbolición!
12/08/2023

Touradas fóra
Abolición!

Hoxe esta marabilla ás 20.30 no edificio sindical, rúa Pasantería n° 1https://youtu.be/2q6SlIxK2i4Vén g***r con nós!Los ...
04/08/2023

Hoxe esta marabilla ás 20.30 no edificio sindical, rúa Pasantería n° 1
https://youtu.be/2q6SlIxK2i4

Vén g***r con nós!

Los Caballos de Düsseldorf en Pontevedra (organiza Liceo Mutante)

LCDD (Los Caballos De Düsseldorf) live @ home for TV show

13/07/2023

O venres pasado a marabillosa comunidade de amigas do Liceo Mutante en Madrid brindounos un momento para a eternidade, co concerto de Atomizador, Pablo Prisma, Tzetze e Rata Negra e as pinchadas de Javi Álvarez e Raúl Tzetze na sala Wurlitzer. A todos os grupos que tocaron, os DJs, á xente da Wurlitzer (Adolfo, magno ao son, e todas as compañeiras), ás amizades de alí ou chegadas doutras latitudes: GRAZAS. Alí estivemos un par de embaixadoras e tocounos moi forte a onda de xenerosidade, beleza, solidariedade, talento e ganas de tirar para adiante xuntas alí presentadas. Que aínda quedan moitas citas para reforzar lazos e, grazas a vós, máis pronto que tarde serán nun novo xardín e nun novo espazo habilitado para compartir ideas e bailes.

IDEAS E BAILES!

Aperta cósmica desde Pontevedra,
O Liceo Mutante.

E grazas tamén á La Synthesis, desde Cadanes, no rural asturiano, fogar do misterioso Penacasto e onde xunto con Bladimir Ros (Zaragoza) entonaron a finais de maio uns cánticos autoxestionados na nosa axuda e apoio. Aperta do noroeste a máxima potencia.

Máis vídeos nos comentarios!

A ría é nosa, de todas Fóra xa!Mañá vémonos na marcha
24/06/2023

A ría é nosa, de todas
Fóra xa!
Mañá vémonos na marcha

Dirección

Calle Rosalía De Castro Nº 100
Pontevedra
36002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Liceo Mutante publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Liceo Mutante:

Videos

Compartir

Our Story

O Liceo Mutante é unha asociación cultural de Pontevedra que pretende ofrecer unha alternativa ás propostas privadas que existen na cidade mediante a creación de un espazo autoxestionado para a creación cultural, a interacción, a experimentación e a transformación social. Faino ti mesma! Sen ánimo de lucro! |||||||| El Liceo Mutante es una asociación cultural de Pontevedra que pretende ofrecer unha alternativa a las propuestas privadas que existen en la ciudad mediante la creación de un espacio autogestionado para la creación cultural, la interacción, la experimentación y la transformación social. Hazlo tú misma! Sin ánimo de lucro! |||||||| Liceo Mutante is a diy non profit and free thinking institution that promote cultural activities, experimentation and critical thinking in the city of Pontevedra. |||||||| Estamos en / We are at: c/ Rosalía de Castro nº 100 36002 Pontevedra, España [email protected]


Otros Sala de eventos y espectáculos en Pontevedra

Mostrar Todas