13/05/2022
Boas noites compañeiros e compañeiras 😊 ,
imos ver se temos a unha persoa que cumpra cos seguintes requisitos 🤔
- Máster na Musik-Akademie Basel e na Hochschule für Musik Rostock ✅
- Solista coas seguintes orquestas: Sinfónica de Tenerife, Orquesta Gaos, Orquesta Sinfónica de Musikene, FRSinfonieorchester Rostock ✅
- Estudos de cuarteto de corda con Natasha Prishepenko (Universität der Künste Berlin), Andoni Mercero, Sergio Azzolini, Anton Kernjank, Walter Levin ou Rainer Schmidt.✅
- Formou parte da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, da JONDE e da Gustav Mahler Jugendorchester e foi academista da Rundfunk-Sinfonieorchester Berlin. ✅
- Director artístico do Festival Son As Pontes. ✅
- Odia a pulpa de laranxa. ✅ 😂
Poís sí que temos unha persoa que cumpre os requisitos 😍
Hoxe toca a presentación de Raúl Mirás na especialidade de Violonchelo.
Aquí tedes o enlace para facer a inscrición:
https://www.sonaspontes.com/artistas/raul-miras/
E recorda que este ano hai Concurso de Cámara:
- 📆 Data: 14 de Xullo de 2022
- Inscrición: ata o 5 de Xuño
- Fase Selección: Vídeo Youtube de 10 minutos
- Idade máxima media do grupo: 30 anos
- Primeiro Premio: 1250 €
Rául Mirás Cello Natural da Coruña, comeza os seus estudos musicais con Ilia Keilin, graduándose en Musikene con Asier Polo. Posteriormente realiza estudos de máster na Musik-Akademie Basel con Thomas Demenga e na Hochschule für Musik Rostock con Julian Steckel. Durante a súa formación obtiv...