03/09/2024
✨Paola Delfín✨, chegada dende Benin (África) trae consigo todo o legado, a loita e a tradicion muralista da sua terra natal: México.
Cunha mirada entrenada para destilar as historias locais e conectalas co seu propio imaxinario, aterra en Rianxo para mesturar e a crear "in situ" unha narrativa propia.
Os límites físicos e temporais son empuxados en cada pincelada para transformar unha mole de cinco pisos nunha historia que nos mira coma aquela vaca que fitaba a Castelao.
A través deste muro de vidro podemos ollar os pinos dos cantís onde enredábamos de pequenos, os encontros cegos nos camiños, os recordos das revoltas populares, a danza eterna... Toda unha escena cargada de matices de liña forte e estilo preciso protagonizada por unha figura de presencia impoñente.
Sabedes quen é?
Aquela que camiña co peso do noso mundo, rexe co legado cultural dun pobo enteiro, con toda a súa historia chea de esforzo pola subsistencia na cabeza e aínda así, mira cara adiante, esguellando un sorriso lixeiro, para acompañarnos e facer máis levadeiro este tránsito de infinitas búsquedas, loitas, loitos, encontros felices e aprendizaxes necesarios.
Gracias infinitas Paola Delfín pola dedicación e a alma enorme que deixas nun traballo tan impecable como irrepetible.
💛✨ Non te vaias rianxeira! ✨
📸AIGI BOGA
Ondiñas Mainas Concello de Rianxo Deputación da Coruña Pinturas PROA ALRO MAQUINARIA