Sons Tránsitos

Sons Tránsitos O Festival Sons Tránsitos ten lugar no Teatro Principal de Compostela do 10 ao 12 de outubro de 201

Sons Tránsitos, o festival da diversidade cultural, chega a Santiago (Teatro Principal) do día 10 ao 12 de outubro. Trátase dunha proposta itinerante que nos trae artistas do talle do brasileiro Chico César ou o castelán Eliseo Parra, entre outros. O Festival traerá ao Teatro Principal sete concertos en tres xornadas, de xoves a sábado. Na primeira xornada Amesmalúa, unha proposta musical que fusi

ona a música galega co flamenco, presenta en Galicia o seu primeiro CD ‘La misma luna’. Logo Eliseo Parra, un dos principais representantes da música tradicional española, ofrecerá un concerto no que nos amosará o seu último traballo: "Canciones Tradicionales de La Rioja" (Espiral 2013). Na segunda xornada (venres 11) poderemos ver a Pedro Pastor (fillo de Luis Pastor e Lourdes Guerra, e sobriño de Pedro Guerra), un cantautor novo que xa está a destacar no panorama estatal. E tamén poderemos escoitar a Chico César, un dos máis destacados representantes da música brasileira, que nos presenta o seu espectáculo “Aos vivos Agora”, que repasa toda a súa carreira. Virá acompañado de Dani Black, un dos novos valores da música deste país. Na última xornada poderemos disfrutar de tres concertos: La Musgaña, que presenta “Entre dos”; Pentalfa, un novo proxecto musical galego, con cinco músicos ligados a Luar na Lubre, entre os que se encontra Bieito Romero; e, por último, Acetre, un dos grupos tradicionais máis veteranos de Estremadura. Sons Tránsitos

Tránsitos, festival da mobilidade e da diversidade cultural, iniciou a súa andadura no Auditorio de Tenerife hai agora sete anos, sendo un Festival que en pouco tempo conseguiu transcender as fronteiras do arquipélago pola súa orixinalidade na posta en marcha e pola aposta arriscada da súa programación, mantendo como prioridade a calidade dos grupos. Froito da colaboración do Festival co Concello de Santiago, en Compostela nace como Festival Sons Tránsitos. Trátase dun evento que decidiu apostar pola itinerancia, por unha actividade cultural de calidade, innovadora e creativa baseada na música de distintas localidades de todo o Estado e do Mundo, comezando a súa nova andaina en Madrid, onde colleitou un grande éxito de público na Sala Galileo Galilei, chegando agora a Santiago de Compostela e proximamente a outras cidades como Cáceres ou Logroño. O obxectivo de Sons Tránsitos é consolidar en Santiago de Compostela un punto de encontro da música e da cultura, fomentando a participación de todos e a diversidade que nos rodea, a través dunha programación fortemente enraizada na música tradicional. As novas formas de fusión, os ritmos máis actuais, as tendencias máis innovadoras e os sons e melodías máis acordes aos nosos días tamén terán cabida en SONS TRÁNSITOS, que nace con vocación de continuidade no tempo. Sons Tránsitos está producido por Mirmidón Producciones e forma parte da programación cultural do Concello de Santiago. As entradas están á venda en:

http://entradas.novagaliciabanco.es/es/Festivales/

O prezo por xornada é de 15 euros, con bonos para as tres xornadas de 30 euros ata o 25 de setembro, e logo 35 euros.

Dirección

Santiago De Compostela
15701

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sons Tránsitos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Servicios De Planificación De Eventos cercanos


Otros Sala de eventos y espectáculos en Santiago de Compostela

Mostrar Todas