29/08/2024
¡Ola a tod@s!
Despois de moitas horas de planificacións, traballo, sudor, risas e lágrimas e un sinfín de imprevistos, chega o momento de decir adiós. Organizar estas festas non foi nada fácil, pero fixemolo con todo o cariño e esforzo que puidemos para que disfrutarades dunhas festas inolvidables.
Non vamos mentir, foi duro. Calquera persona que estuvera nunha comisión de festas algunha vez na súa vida sabe o que é este traballo. Tivemos que resolver problemas sobre a marcha, lidiar con estrés e horas e horas invertidas do noso tempo.
Non podemos ignorar que foi un traxecto a veces difícil, especialmente debido a algúns comentarios que fixeron que o traballo se sentira máis pesado ainda. É por eso polo que esta despedida nos ten un sabor agridulce.
Entendemos que non sempre é posible complacer a todos, pero doe cando, en lugar de construir, alguns optan por criticar sin aportar. A pesar de esto, vamonos coa tranquilidade de haber dado o mellor de nós en cada decisión e en cada actividade organizada, sempre coa intención de unir e alegrarvos.
Por outro lado, non queremos que estes comentarios negativos pesen mais que o verdadeiramente importante: queremos agradecer a todos os que nos botaron unha man, aos que nos animaron cando as cousas se complicaban, e sobre todo aos que participastes e enchestes cada festa de alegría, sin vós nada de esto sería posible.
Todos os que entenden o duro que é esto, e cas suas palabras de apoio, e a súa participación, demostraban que valía a pena seguir adiante.
Nós decimos adiós, pero coa esperanza de que alguen tome o relevo e conte co apoio de todos vós, estaremos dispostos a axudar en todo o que poidamos.
¡Besos e abrazos a tod@s!