Romería SAN ROQUE VIGO

Romería  SAN ROQUE VIGO Una de las últimas Romerías urbanas de Galicia . Centro de la ciudad de Vigo. Festivo local

22/08/2024

El regidor subrayó que esta fiesta es reconocida popularmente como “la fiesta social del patrón de la ciudad”

😜Vaste perder esta romería única na comarca e unha das máis antigas de Galicia?💙 Esperámosche os días 14, 15, 16 e 17 de...
10/08/2024

😜Vaste perder esta romería única na comarca e unha das máis antigas de Galicia?💙 Esperámosche os días 14, 15, 16 e 17 de agosto para g***r de moi boa música, gastronomía local e diversión asegurada!🥳

» La Hermandad de San Roque “moderniza la tradición con una fiesta para todos los públicos”

🎉🎶 ¡Gran Cierre de las Fiestas de San Roque 2024! 🎶🎉🌟 Fecha: Sábado 17 de agosto⏰ Hora: 00:00📍 Lugar: Vigo¡El concierto ...
02/08/2024

🎉🎶 ¡Gran Cierre de las Fiestas de San Roque 2024! 🎶🎉

🌟 Fecha: Sábado 17 de agosto
⏰ Hora: 00:00
📍 Lugar: Vigo

¡El concierto de cierre de las Fiestas de San Roque será con el grupo Broken Peach! 🎤✨ Ven y disfruta de su espectáculo "Wellcome to Brokenland", una experiencia única que fusiona música y entretenimiento de una manera espectacular. 🎸💃

Broken Peach se formó a principios de 2009, creando una nueva forma de fusionar la música con el entretenimiento. A diferencia de las típicas bandas de covers, BP aporta un sonido personal a cada canción que interpretan, incluyendo también algunos mashups. 🎵✨ Su estética extravagante ofrece una frescura visual en sus shows en vivo. 🎭

¡Te esperamos para cerrar las Fiestas de San Roque con broche de oro! 🎇✨

🎶✨ O sábado 17 de agosto, último día das festas de San Roque de Vigo, comezamos os concertos cunha actuación especial! 🎉...
01/08/2024

🎶✨ O sábado 17 de agosto, último día das festas de San Roque de Vigo, comezamos os concertos cunha actuación especial! 🎉

Ás 22:00, The Hendersons subirán ao escenario para ofrecer un tributo inesquecible a The Beatles. Este grupo vigués percorre a discografía dos Beatles, desde os tempos nos que aínda non levaban bigote ata cando as súas barbas os facían difíciles de distinguir.

The Hendersons está formado por catro músicos profesionais con ampla formación e traxectoria na escena musical:

Alberto Lopo (guitarra e voz)
Martín Rodríguez (guitarra, teclados, baixo e voz)
Diego Fernando Martínez Guido (baixo, teclados e voz)
Juan Guerrero (batería e voz)
Non perdades esta oportunidade de vivir un auténtico tributo aos Beatles cun grupo local de gran talento!

🗓️ Sábado, 17 de agosto, ás 22:00



🎵✨🎤

🎶✨ O venres 16 de agosto, as festas de San Roque de Vigo culminarán cunha noite máxica e chea de música! 🎉Ás 23:30, Trei...
31/07/2024

🎶✨ O venres 16 de agosto, as festas de San Roque de Vigo culminarán cunha noite máxica e chea de música! 🎉

Ás 23:30, Treixadura pechará a xornada dentro da súa xira "Camiño Longo 2024". O grupo percorreu no ano 2023 os escenarios da xeografía galega presentando o seu octavo disco, "Camiño Longo", e realizando concertos inesquecibles.

Tódolos miles de seguidores que os acompañaron ao longo destas máis de tres décadas puideron g***r da súa música polos catro puntos cardinais de Galicia. Concertos memorables tiveron lugar nas Festas de Reboreda en Redondela, onde xurdiu Treixadura no Muiño Vello de Delio en 1990, na Porta do Sol de Vigo o 6 de xullo cunha praza ateigada de público, e na Praza de Armas durante as Festas de Ferrol.

Treixadura, formada por un grupo de gaiteiros en 1990, é hoxe unha auténtica institución da música tradicional en Galicia. Os seus concertos ao aire libre son un gran espectáculo con despregamento de luz e son de alto nivel, adaptándose ás condicións dos locais cando son en interiores.

A duración do concerto será duns 90 minutos, cunha hora e media adicional para probas de son e luz.

Non perdades esta oportunidade de vivir unha noite máxica con Treixadura!

🗓️ Venres, 16 de agosto, ás 23:30



🎵✨

🎶✨ O venres 16 de agosto, as festas de San Roque de Vigo continúan cunha actuación especial! 🎉Ás 21:00, Miriam Sandoval ...
30/07/2024

🎶✨ O venres 16 de agosto, as festas de San Roque de Vigo continúan cunha actuación especial! 🎉

Ás 21:00, Miriam Sandoval presentará as súas "Cantigas Trashumantes", ofrecendo un percorrido musical que nos transportará ao paisaxe sonoro dos poetas galegos emigrados a Sudamérica, a través dos seus ritmos autóctonos. Tamén interpretará cancións emblemáticas do folclore latinoamericano e as súas propias composicións.

Miriam Sandoval é coñecida pola súa capacidade vocal e a súa habilidade para transmitir emocións profundas a través do seu canto. A súa interpretación é sempre xenuína e chea de paixón, abordando temas universais como o amor e a morriña, así como temas persoais e autobiográficos.

Non teme experimentar e fusionar estilos, creando un son único que respecta a tradición pero a reinterpreta para o público contemporáneo. Os ritmos como o Tango, Bossa-Nova, Chacarera, Candombe e Bolero son presentados con un profundo respecto polo seu orixe e esencia, pero con arranxos frescos que inclúen influencias modernas.

Os concertos de Miriam Sandoval son un viaxe musical a través da rica e variada herdanza da música latinoamericana, enriquecidos co seu toque persoal e a súa capacidade para conectar profundamente coa súa audiencia.

Acompañando a Miriam estarán:

Juan Sánchez Santomé no baixo
Diego Martínez Guido no piano
Juan Guerrero na batería
Non perdades esta oportunidade de g***r dunha noite inesquecible!

🗓️ Venres, 16 de agosto, ás 21:00



🎵🌟🎤

🎶✨ As festas de San Roque de Vigo continúan con máis música e tradición! 🎉Na mañá do venres 16 de agosto, contaremos coa...
29/07/2024

🎶✨ As festas de San Roque de Vigo continúan con máis música e tradición! 🎉

Na mañá do venres 16 de agosto, contaremos coa actuación do Ateneo Musical de Bembrive. Non vos perdades o pasarrúas e o concerto no recinto de festas ás 13:30!

O Ateneo Musical de Bembrive foi creado o 1 de outubro de 1994 baixo a iniciativa de Roberto Carlos Lobato Abalde, quen comezou esta aventura con 20 nenos e nenas. En febreiro de 1996, D. Javier González Lamas asumiu o reto, creando unha escola de música.

O 19 de decembro de 1996, a banda de música do Ateneo actuou por primeira vez no auditorio do Centro Cultural Helios de Bembrive. O 6 de febreiro de 1999, fixo a súa presentación oficial, sendo apadriñada pola Agrupación Musical do Rosal. O 30 de maio do mesmo ano, presentouse no auditorio do Concello de Vigo.

Dende entón, os concertos do Ateneo Musical de Bembrive son cada vez máis frecuentes, participando en diversos festivais por toda Galicia, así como en distintas cidades españolas e de Portugal.

A crecente actividade do Ateneo levou á creación de distintas formacións: en 2009, a Banda-Escuela; en 2010, a agrupación Costamekrelos; en 2013, a Big Band Los Swingdomables Jazz Orquestra, dirixida por D. Oscar Prieto Sanmartín; e en 2015, a formación vocal Ateneo Cantabile.

Ven a disfrutar da música e a tradición con nós!

🗓️ Venres, 16 de agosto, ás 13:30



🎵🎺🎷

🎶✨ O xoves 15 de agosto culminará cunha actuación imperdible! 🎉Ás 00:00, a banda Bafana Bafana pechará a programación do...
26/07/2024

🎶✨ O xoves 15 de agosto culminará cunha actuación imperdible! 🎉

Ás 00:00, a banda Bafana Bafana pechará a programación do día cun tributo á música lixeira en castelán.

Bafana Bafana revisita con rigor, virtuosismo e humor gran parte da tradición pop-rock española e latinoamericana. Co respecto de cinco músicos coñecidos na escena galega do jazz e a música moderna, adaptan ao formato quinteto un variado repertorio que inclúe cancións orquestrais como "Mi Gran Noche", "Vivir Así es Morir de Amor", "Bailar Pegados", pezas de pop-rock como "La Casa por el Tejado", "Años 80", "Insurrección", e temas con influencia latina como "El Lado Oscuro", "El Cuarto de Tula", "Sin Documentos".

Bafana Bafana, premio Martín Códax 2021 na categoría de orquestras e músicas de verbena, participou en numerosos festivais en Galicia, tocou en pazos, festas patronais, vodas e entregas de premios. Ademais, en 2022, interpretaron música orixinal na película "La manzana de oro" de Jaime Chávarri.

Os integrantes de Bafana Bafana son:

Juanjo Treus: voz
Diego "Tornado" Alonso: saxo tenor
Iago Marta: guitarra
Palomo Alonso: baixo
Héctor Agulla: batería
Non perdades esta oportunidade de g***r dun peche de xornada espectacular con Bafana Bafana!

🗓️ Xoves, 15 de agosto, ás 00:00

Agardámosvos!



🎵🎤🌟

🎸✨ O xoves 15 de agosto, ás 22:00, non vos podedes perder o concerto dos BLACK STONES nas festas de San Roque de Vigo! 🎉...
25/07/2024

🎸✨ O xoves 15 de agosto, ás 22:00, non vos podedes perder o concerto dos BLACK STONES nas festas de San Roque de Vigo! 🎉

A banda pontevedresa BLACK STONES, formada en 1969, renderá unha homenaxe á música dos anos 60, 70 e 80, interpretando grandes cancións que marcaron estas décadas.

🕰️ Un tributo á historia da música a través de tres décadas, con especial atención aos míticos The Beatles.

Os BLACK STONES, con Toño Carbajo, Tino Domínguez, Santi López, Armando Guerra, Ernesto Cid e Jaime Carbajo, farán vibrar o público con temas de The Beatles, Hollies, Bee Gees, Creedence Clearwater Revival, Los Brincos, Los Bravos, e moitos máis.

Dende o seu reencuentro en 1996, a banda non deixou de actuar e deleitar aos seus seguidores con concertos en directo, actuacións en televisión e a gravación de tres discos.

En definitiva, unha noite para lembrar e g***r da mellor música de todos os tempos. Non faltedes!

🗓️ Xoves, 15 de agosto, ás 22:00

Agardámosvos!



🎵🎤🌟

🎶✨ Este xoves 15 de agosto, continuamos coa programación musical das festas de San Roque de Vigo! 🎉Alberto Cunha e Monch...
24/07/2024

🎶✨ Este xoves 15 de agosto, continuamos coa programación musical das festas de San Roque de Vigo! 🎉

Alberto Cunha e Moncho Lemos presentan unha homenaxe musical aos grandes grupos e cantantes galegos de todos os tempos. Moncho Lemos (xornalista de RTVG) será o noso condutor e guía nunha viaxe inesquecible polo cancioneiro popular galego.

Durante o espectáculo, g***remos de cancións como "Anduriña", "A Santiago voy", "Mi tierra gallega", "Ai ven o maio" e moitas máis que conforman un repertorio único e irrepetible.

As cancións soarán en directo na voz de Alberto Cunha, showman con un amplo bagaxe musical, que nos fará vibrar coas grandes cancións galegas de toda a nosa vida.

En definitiva, un espectáculo imperdible que nos fará cantar e lembrar páxinas inesquecibles da música de Galicia: MÚSICA DA NOSA... 🎵

🗓️ Xoves, 15 de agosto, ás 20:00

Agardámosvos!



❤️🎤🌟

Calendario litúrxuco para estes días de festa na honra de San Roque na capela de San Roque en Vigo.
23/07/2024

Calendario litúrxuco para estes días de festa na honra de San Roque na capela de San Roque en Vigo.

O xoves 15 de agosto disfrutaremos dunha fabulosa sesión vermut ás 13.30 da man de Nacional 81, revivindo as cancións da...
22/07/2024

O xoves 15 de agosto disfrutaremos dunha fabulosa sesión vermut ás 13.30 da man de Nacional 81, revivindo as cancións da túa vida.

"Grupo acústico con versiones del rock español e internacional destinado a conectar al público con sus recuerdos creando nuevos momentos memorables."

LA FRONTERA coa súa xira 40 aniversario porán o broche dourado á primeira xornada da Romaría de San Roque en Vigo 2024.🎸...
19/07/2024

LA FRONTERA coa súa xira 40 aniversario porán o broche dourado á primeira xornada da Romaría de San Roque en Vigo 2024.

🎸 La Frontera con Javier Andreu á cabeza, xunto a Tony Marmota, José Bataglio, Quino Maqueda e Rafa Hernández, debutaron no festival Villa de Madrid de 1984 co seu primeiro single "Duelo al sol", conseguindo o primeiro premio.

En 1985 publicaron o seu primeiro disco homónimo con temas como "La ley de la horca", "Pobre tahur" e "Cuatro Rosas Estación", ademais dunha excelente adaptación de "Viva las Vegas". 🌟

Tras o éxito do primeiro álbum, publicaron "Si el wisky no te arruina las mujeres lo harán" en 1986 e "Tren de medianoche" en 1987. Consolidáronse co seu cuarto traballo "Rosa de los Vientos", con éxitos como "El Límite" e "Juan Antonio Cortés". 🎶

La Frontera, referente dos 80, publicou máis de 10 discos entre álbums de estudio, recopilatorios e directos, destacando "No vuelvas sin ella" para a Selección Española de Fútbol na Eurocopa 2000. ⚽

Tras 30 anos na música, La Frontera segue ofrecendo concertos por toda a xeografía nacional, compartindo escenario con bandas míticas como Los Rebeldes, Burning, La Guardia ou Loquillo. 🎤

📣 O mércores 14 de Agosto as actuacións musicáis comezarán con Hey Hematoma, revivindo a música de siniestro total.Hey H...
18/07/2024

📣 O mércores 14 de Agosto as actuacións musicáis comezarán con Hey Hematoma, revivindo a música de siniestro total.

Hey Hematoma 🌟 es una banda tributo que revive la esencia y el sonido inconfundible de Siniestro Total.

Formada por:
Miguel Costas: Miembro fundador de Siniestro Total.
Javier Soto: Guitarrista de Os Resentidos y parte de la segunda hornada de Siniestro Total.
Andrés Cunha: Último baterista de la banda.
Alberto Cunha: Voz y energía.
Chus Dasilva: Ritmo y pasión.

🎤 "Nos estamos riendo mucho en los ensayos; veo a Miguel con muchas ganas de empezar" - Alberto Cunha.

🎸 Prepárate para escuchar clásicos como:

Bailaré sobre vuestra tumba
Miña terra galega
Quiénes somos? De dónde venimos? A dónde vamos?
Camino de la cama

✨ Una banda que promete nostalgia, diversión y mucho rock. ¡No te lo puedes perder!

Queres axudar a facer posible a Romaría de San Roque?Lembrámoste que toda empresa que queira apoiar á Irmandade e a cele...
17/07/2024

Queres axudar a facer posible a Romaría de San Roque?

Lembrámoste que toda empresa que queira apoiar á Irmandade e a celebración desta festa pode converterse en negocio colaborador e pasar a formar parte do noso directorio web, visible todo o ano.

Bota un ollo aos negocios que xa colaboran coa Romaría de San Roque e non agardes para ser un máis.

https://sanroquevigo.com/es/comercios-san-roque-vigo/

🎉🎉 PROGRAMACIÓN ROMARÍA SAN ROQUE 2024 🎉🎉Garda as datas, do 14 ao 17 de agosto San Roque énchese de cultura e festa!Vos ...
16/07/2024

🎉🎉 PROGRAMACIÓN ROMARÍA SAN ROQUE 2024 🎉🎉

Garda as datas, do 14 ao 17 de agosto San Roque énchese de cultura e festa!

Vos agardamos!

Saúdo da irmandadeBenvidos un ano máis á Romaría da nosa cidade, unha Romaría Centenaria onde todas as xentes teñen o se...
15/07/2024

Saúdo da irmandade
Benvidos un ano máis á Romaría da nosa cidade, unha Romaría Centenaria onde todas as xentes teñen o seu espazo de goce.

Desde esta Xunta da Irmandade Devotos de San Roque continuamos co labor de “Recuperar a Historia”, poñendo en valor as tradicións, para que as seguintes xeracións sentan parte desta Romaría.

Ao longo do ano habemos tido encontros coas Administracións, Xunta de Galicia, Concello de Vigo, Afudación, Deputación de Pontevedra, e distintos patrocinadores; todos nos mostran a súa colaboración para seguir adiante co noso traballo xeneroso e sen ánimo de lucro.

Este ano queremos poñer en valor a escoita por para de Afundación á nosa solicitude para levar a cabo a restauración e conservación da imaxe do noso Santo Patrón, San Roque; unha conservación necesaria, dada a situación que sofre a imaxe polo paso do tempo.

Dende a Irmandade animamos a toda a cidadanía á participación nesta Romaría estes días festivos en nosa Cidade, así como a colaboración. Estes días poderemos g***r coa música variada, degustar diferentes opcións gastronómicas, g***r das atraccións tanto para os maiores como para os máis pequenos, e participar nos actos de culto a San Roque.

Esperámosvos nesta paraxe incomparable, como é a Finca de San Roque.
Felices Festas de San Roque 2024

Xunta Irmandade Devotos de San Roque Vigo

Restauración da Imaxe de San RoqueAfundación, aceptou levar a cabo a restauración da imaxe de San Roque, ante a solicitu...
12/07/2024

Restauración da Imaxe de San Roque

Afundación, aceptou levar a cabo a restauración da imaxe de San Roque, ante a solicitude da Irmandade Devotos de San Roque.

A Restauradora elixida de levar a cabo este encargo foi Asunción Terroso, Historiadora de Arte, Conservadora e Restauradora con máis de 20 anos de experiencia en conservación de patrimonio.

A restauración da imaxe levouse a cabo na mesma Ermita do Pazo de San Roque, pois dado o estado de fraxilidade da imaxe, esta non iba soportar un traslado, de aí a necesaria intervención in situ

Asunción indicounos que o principal problema da imaxe era a pintura, pois tiña grandes escamas e estaba levantada, con perigo de desprendemento; e en zonas puntuais esta chegouse a perder. Tamén apreciase que sufriu varias repolicromías, o que deu lugar a unha suma de capas de pintura moi gruesas, que xunto coas variacións de temperatura e humidade, orixina que a pintura estalle

O proceso consistiu en fixar a policromía e conseguir que sexa estable, e unha vez consolidada reintegrar nas faltas. Podemos dicir que en realidade a grande parte do traballo foi de conservación máis que de restauración

A imaxe de San Roque é de estilo Barroco e calculan que pode ter uns 300 anos ou mesmo máis, dato que non está documentada. É unha imaxe que pasou moitos avatares ao longo da súa historia, mesmo enterrouse aos pés do piñeiro manso para protexela dos saqueos dos Franceses.

A Restauradora recomenda un seguimento periódico da imaxe para non chegar a estes extremos. É unha imaxe procesional polo que se recomenda o seu coidado e protección.

Dirección

Pazo De San Roque Vigo
Vigo
36204

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Romería SAN ROQUE VIGO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Romería SAN ROQUE VIGO:

Videos

Compartir


Otros Servicio de fiestas y entretenimiento en Vigo

Mostrar Todas