Galegote ROCK

Galegote ROCK Festival de bandas galegas con letras en galego. Realizase na cidade de Pontevedra

Graciñas Niños Mutantes
09/06/2024

Graciñas Niños Mutantes

En el año de su despedida, Niños Mutantes actuará en Pontevedra. Lo hará el 15 de junio en el festival Surfing the Lérez. Será la última vez que la banda de Granada, referente de la escena independiente, toque en una provincia con la que mantiene un fuerte vínculo. Su manager, Josiño Carbal...

Que mellor día que hoxe para ensinarvos algunhas fotiños dos primeiros concertos que houbo no Galegote este ano. Viva a ...
17/05/2024

Que mellor día que hoxe para ensinarvos algunhas fotiños dos primeiros concertos que houbo no Galegote este ano.

Viva a nosa lingua e viva a música en galego!

📸




gz

IMPORTANTE! ‼️⚠️Ante todo, queremos pedirvos desculpas polos cambios de última hora 🙏🏾😇. Debido á previsión meteorolo...
04/05/2023

IMPORTANTE! ‼️⚠️

Ante todo, queremos pedirvos desculpas polos cambios de última hora 🙏🏾😇.

Debido á previsión meteorolóxica ☔️🌧️ para o venres e o sábado, a organización do Galegote Rock vese obrigada a modificar as localizacións e os horarios dos concertos para unha maior seguridade do público e tamén das persoas traballadoras. Por iso, os concertos pasarán a ser na Sala Karma e na carpa que está instalada na praza do Concello.

TODOS os concertos do venres terán lugar na carpa.

O sábado móvense á Sala Karma as actividades infantís e xuvenís —PAKOLAS (13 h), MAMÁ CABRA (17 h) e XERACIÓN SÓNICA (19.30 h)— para estarmos máis resgardadas e resgardados das inclemencias meteorolóxicas. O resto dos horarios do sábado podedes consultalos no cartel.

Pedímosvos desculpas de novo e un pouquiño de comprensión.

Moitas grazas a todas e que viva a música en galego!



Concello de Pontevedra

Fillas de Cassandra elaboran composicións que impulsan o seu discurso e o seu gran sinal de identidade: o feminismo. Sar...
04/05/2023

Fillas de Cassandra elaboran composicións que impulsan o seu discurso e o seu gran sinal de identidade: o feminismo.

Sara e María son capaces de chegar a diferentes xeracións e de mesturar cantos populares e sons contemporáneos. Crean paralelismos entre a muller doutras épocas e a de hoxe percorrendo o significado de cada mito, vía ideal para reverter imposicións machistas, derrubar estruturas do patriarcado e redefinir o cuestionamento feminino, o amor, a ambición, a igualdade, a sororidade, a dignidade, a autoestima ou a sensibilidade.



Concello de Pontevedra
Fillas de Cassandra

A existencia de Moura débese, en gran medida á influencia cultural compartida. O grupo nace coa pretensión de fundir os ...
03/05/2023

A existencia de Moura débese, en gran medida á influencia cultural compartida. O grupo nace coa pretensión de fundir os sons psicodélicos e o rock progresivo co folclore galego.

“Queriamos facer un pequeno mapa do patrimonio inmaterial do pobo galego, os seus rituais, as súas pantasmas…un tesouro do que deberiamos valernos máis a miúdo -explica a elDiario.es , Diego Veiga (guitarrista, voz e letrista da banda).



Concello de Pontevedra
MOURA

Sons futuristas e tecnolóxicos que traen a tradición de volta ao presente a través de bases de trip hop, moito flow e ti...
03/05/2023

Sons futuristas e tecnolóxicos que traen a tradición de volta ao presente a través de bases de trip hop, moito flow e tintes de contracultura. Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre o punto de encontro deste dúo, capaz de establecer pontes coa tradición traéndoa de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos.



Concello de Pontevedra
PlayPlan
Laura LaMontagne & PicoAmperio

Xeración sónica é un proxecto artístico e musical da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra para rapazas e r...
02/05/2023

Xeración sónica é un proxecto artístico e musical da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos.

Consiste nun programa de titorización de 6 grupos ,para que conformen proxectos artísticos e audiovisuais.

Anxo Araújo achega este traballo para sumarse ao efervescente e prolífico momento que vive a música galega cun pop que, ...
02/05/2023

Anxo Araújo achega este traballo para sumarse ao efervescente e prolífico momento que vive a música galega cun pop que, máis que nunca, se achega á tradición.

En palabras de Jose Rey de Mondosonoro «o compositor e músico pontevedrés retrata historias de anhelos e decepcións cun filtro de feliz tristeza para convertelas no eixo imaxinario das dez cancións seleccionadas neste primeiro disco que crece con cada escoita, aproximándose á órbita de traballos imprescindibles do pop galego.»



Concello de Pontevedra
Urdime
Anxo Araújo

A Banda Senlleira de Robacallos é un proxecto musical pontevedrés que mestura diferentes estilos como folk, pop e punk; ...
30/04/2023

A Banda Senlleira de Robacallos é un proxecto musical pontevedrés que mestura diferentes estilos como folk, pop e punk; con letras cercanas, un ton desenfadado e moita enerxía!

Recordemos que o Galegote Rock é un festival que encaixa coa filosofía municipal de difundir a lingua galega e, a través de artistas de diferentes estilos, “chegar á xente máis nova” para que consuman música de bandas galegas durante todo o ano.



A Banda Senlleira de Robacallos
Concello de Pontevedra

Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para esta idade. Os seus...
27/04/2023

Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para esta idade.

Os seus espectáculos son moi participativos e a súa música é divertida e incorpora valores didácticos. Os ritmos modernos dotan a Mamá Cabra dun especial atractivo que seduce, desde fai máis de dez anos, a miles de nenos e nenas e ás súas familias.



Concello de Pontevedra
Urdime
Mamá Cabra

A ukestra do medio é una banda que se indentifica polo son característico dos ukeleles e unha proposta ecléctica con inf...
27/04/2023

A ukestra do medio é una banda que se indentifica polo son característico dos ukeleles e unha proposta ecléctica con influencias rock’n roll 🤘, country 🤠, surf 🏄🏽 e pop 🎤.

No seu último traballo, incorporan a pandeireta, a táboa de lavar, o güiro… un compendio de instrumentos miúdos a través dos cales marcan o ritmo de pequenas historias sobre o amor 🫶🏽 ou os tempos pasados 📜.



Ukestra do Medio Urdime Concello de Pontevedra

Catuxa fusiona folclore galego, ritmos latinoamericanos e electrónica. As súas cancións son un canto á vida rural, ao ec...
26/04/2023

Catuxa fusiona folclore galego, ritmos latinoamericanos e electrónica. As súas cancións son un canto á vida rural, ao ecofeminisimo e ás raíces. Un convite a conectar no noso pasado, que fan de Catuxa unha das novas referencias do panorama electrofolk do noso país.



Concello de Pontevedra

O Galegote Rock dispón dun coidado especial por incluir a diversidade de xéneros xunto con música destinada a públicos d...
25/04/2023

O Galegote Rock dispón dun coidado especial por incluir a diversidade de xéneros xunto con música destinada a públicos de diferentes idades.

The Garlic Dust é unha banda pontevedresa que nace coa pretensión de achegar o rap a toda a poboación. Unha proposta nova que vos fará desfrutar das rimas en galego.



Concello de Pontevedra

The Rapants é unha banda de Indie e Garage que ten como obxectivo achegar frescura ao panorama musical galego por medio ...
24/04/2023

The Rapants é unha banda de Indie e Garage que ten como obxectivo achegar frescura ao panorama musical galego por medio de temas animados e directos cargados de enerxía.

O venres 5 na con entrada de balde grazas a que financia o Galegote Rock.



Concello de Pontevedra

O venres 5 ás 20:00h no ,  dará o pistoletazo de saída ó Galegote Rock 2023. Moucho é un banda pontevedresa que fai “ame...
24/04/2023

O venres 5 ás 20:00h no , dará o pistoletazo de saída ó Galegote Rock 2023.

Moucho é un banda pontevedresa que fai “americanada” en galego para promover a transmisión da nosa lingua ás novas xeracións.



Concello de Pontevedra

Voltamoooos o 5 e 6 de maio! 🤘🏽🤘🏽🤘🏽
14/04/2023

Voltamoooos o 5 e 6 de maio! 🤘🏽🤘🏽🤘🏽

Volve o Galegote Rock. Catorce grupos e artistas que fan música en galego reuniranse de novo en Pontevedra, os días 5 e 6 de maio, para mostrar a ampla variedade de propostas que provocou unha...

Que bo cartaz e que ganiñas de galegotear! 🎸🤘🏽Lembrade que o Galegote Rock é un proxecto de música ao vivo promovido po...
14/04/2023

Que bo cartaz e que ganiñas de galegotear! 🎸🤘🏽

Lembrade que o Galegote Rock é un proxecto de música ao vivo promovido pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra .

O festival nace para dar a coñecer a intérpretes e grupos de música de distintos estilos e achegar ao público unha ampla oferta de música de calidade feita en galego.

Chegan as últimas fotiños do Galegote. Berto enchendo a Sala Karma e Carlos Crespo Dj pinchando uns temiñas no Pequeño K...
09/06/2022

Chegan as últimas fotiños do Galegote.

Berto enchendo a Sala Karma e Carlos Crespo Dj pinchando uns temiñas no Pequeño Karma para por o broche de ouro a edición 2022 do festi.

Unha vez mais queremos agradecer o apoio ó Concello de Pontevedra e en especial ó servizo de normalización lingüística do Concello por promover o galego e a música na nosa lingua 🤍💙🤍

Vémonos na seguinte edición 🎶

📸

Canto gozastes de Zeltia no Diaño e de Grampoder no Pequeño, verdade? 📸:
30/05/2022

Canto gozastes de Zeltia no Diaño e de Grampoder no Pequeño, verdade?

📸:

Pinchada de mulleres en galego da man de  e toda a rapazada de  .📷
26/05/2022

Pinchada de mulleres en galego da man de e toda a rapazada de .

📷

Moucho foi a banda encargada de inaugurar a xornada do sábado no Tábula Rasa, seguida de Eladio no Campiño de Santa Marí...
24/05/2022

Moucho foi a banda encargada de inaugurar a xornada do sábado no Tábula Rasa, seguida de Eladio no Campiño de Santa María.

Seguimos compartindo as fotos do Galegote. Nesta ocasión, as bandas que tocaron o venres 29 de abril. Ruxe Ruxe encheu a...
18/05/2022

Seguimos compartindo as fotos do Galegote. Nesta ocasión, as bandas que tocaron o venres 29 de abril. Ruxe Ruxe encheu a Sala Karma con rock e sons tradicionais galegos. E, Os Silvestres, puxeron a nota de ledicia no Diaño, ó ritmo de doces melodías.

As fotiños da artista 💕

Queremos agradecervos a estupenda acollida que tivo esta edición de Galegote Rock, de pé e de volta nos bares. Recordamo...
12/05/2022

Queremos agradecervos a estupenda acollida que tivo esta edición de Galegote Rock, de pé e de volta nos bares.

Recordamos a primeira xornada do Galegote Rock 2022, protagonizada por High Paw no Grifón e Copa Turbo no “El Pequeño”.

📸

A MÚSICA GALEGA, CAMPEONES DE LIGA!!!!
01/05/2022

A MÚSICA GALEGA, CAMPEONES DE LIGA!!!!

O festival de música en galego de Pontevedra pecha tres días de actuacións cunha xornada maratoniana de directos de 12.00 a 00.00 horas ▶ Berto, Grampoder, Eladio y los Seres Queridos, Zeltia Irevire e Moucho protagonizaron os concertos deste sábado

Amiguiñas e amiguiños, por fin chegou esta data tan esperada por todxs. Hoxe comeza o GALEGOTE 2022. Queremos recordarvo...
28/04/2022

Amiguiñas e amiguiños, por fin chegou esta data tan esperada por todxs. Hoxe comeza o GALEGOTE 2022.

Queremos recordarvos que este festival é posible grazas á Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra. E que é, o único festival que ten o uso da lingua galega na súa razón de ser.

O obxectivo deste festival é achegar ao público a música en galego. E tamén mostrarlle a cantidade e calidade da música feita na nosa lingua.

Podemos dicir por tanto, que o galegote é unha homenaxe o noso idioma e un xeito de agradecervos ós artistas, en forma de festival, que difundades e promulguedes a música en galego.

🔥 🔥🔥🔥
27/04/2022

🔥 🔥🔥🔥

Énchenos de odgullo e zatizfazión ter a dous dilleis duendeneteiros nesta gran festa da música galega que é o Galegote ROCK. A Kris Kdj facendo unha sesión 100% en feminino e en galego e a Carlos Crespo pechando o festival con outra de rock and roll do país.
Lume, caralla!!

Non queda nada para desfrutar do Galegote e da maravillosa música que van a tocar estas bandas. Sempre en galego. Sempre...
24/04/2022

Non queda nada para desfrutar do Galegote e da maravillosa música que van a tocar estas bandas. Sempre en galego. Sempre na nosa lingua.

Lembrade que a entrada ós concertos será por orden de chegada ata completar aforo e que todos os concertos son de balde....
23/04/2022

Lembrade que a entrada ós concertos será por orden de chegada ata completar aforo e que todos os concertos son de balde.

O Galegote Rock é posible grazas o Servizo de normalización lingüística do Concello de Pontevedra.

A tope co Galegote!! Fixádevos que no cartaz houbo un pequeno cambio de localización. A pinchada de  de mulleres en gale...
13/04/2022

A tope co Galegote!!

Fixádevos que no cartaz houbo un pequeno cambio de localización. A pinchada de de mulleres en galego, pasa a ser na Praza Celso García de la Riega.

O Galegote Rock é un proxecto de música en directo promovido pola Concellaría de Normalización Lingüística do Conce...
09/04/2022

O Galegote Rock é un proxecto de música en directo promovido pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra para dar a coñecer a intérpretes e grupos de música de distintos estilos e achegar ao público unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en directo, tanto en locais como en prazas, rúas e xardíns.

Dirección

RIESTRA 34
Pontevedra
36001

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Galegote ROCK publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Videos

Compartir


Otros Sala de eventos y espectáculos en Pontevedra

Mostrar Todas